NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

domingo, 19 de decembro de 2010

Visita a un museo

O 16 de decembro os nenos e nenas do 3º ciclo realizamos unha visita ao Museo de Belas Artes.
Aprendemos : a) Para que serve un museo .
b)Condicións necesarias para a conservación dun cadro.

a) Nun museo podemos coñecer a historia, pois un cadro dános información sobre como vivía a xente doutras épocas, como vestían, que obxectos utilizaban...
Así, vimos os instrumentos que utilizaba para escribir a escritora coruñesa Emilia Pardo Bazán. Tamén nos chamou a atención unha escultura de Francisco Asorey, feita no tronco dunha árbore.
Tamén nos informaron de como se crearon os museos.

b) Un museo ten que ter unhas condicións axeitadas de temperatura e humidade para a
conservación dos cadros; tampouco poden estar iluminados directamente porque a
luz iría comendo as cores. Dispón de cámaras de vixilancia como medidas de
seguridade.

Ao final o máis divertido, imaxinamos o noso propio museo con esculturas, cadros, iluminación, cámaras de vixilancia...
Resumindo, aprendemos moitas cousas e divertímonos.
Alumnos de 6ºA

Ningún comentario:

Publicar un comentario