miércoles, 28 de septiembre de 2011

Ai! esta Coruña

Ai ¡  Esta Coruña

Que bonita é!

Se queres coñecela

vas ter que ir a pé.

Grande Galicia

 Grande Coruña

Que sede teño!

Dáme una cunca

do viño da terra

das xentes labregas.



Daniel Vigo Lage, 5ºA

A nosa Cidade

A Coruña é a miña cidade,

ten clima cálido,

praias moi fermosas,

grandes e con mares azuis.

Os seus xardíns verdes

e amables as súas xentes.



Flavia Daniela Tong Paucar ,5ºA

lunes, 26 de septiembre de 2011

A Coruña

Chove polo inverno,

vai sol polo verán.

A Coruña coas súas praias:

Riazor  e mais o Orzán,

Matadeiro, as Lapas,

San  Amaro e outras,

todas para nadar.



Hugo Mariñas Romero, 5ºA

A Coruña

empapada pola auga.

A Coruña,

a bela cidade.



A Coruña,

ten un gran faro.

A Coruña,

a espléndida cidade.



A Coruña,

a fermosa cidade.



David García Remo, 5ºA

viernes, 23 de septiembre de 2011

A Coruña

Coas túas praias, o teu Castelo

e os teus máxicos recunchos.

Quedo enfeitizada coa túa Torre

e cos teus murmurios de colores.



María del Mar Rodríguez Gómez, 5ºA

A Coruña

Ti, Coruña, sempre ves o mar,

ti,Coruña, co teu faro iluminas

a longa noite escura e fría,

ti, Coruña, tes moitas cousas que ver.



Ti, Coruña, es bonita e agarimosa,

contigo todos nos divertimos,

Es a mellor para vivir

e contigo soñar xunto ao  mar.



Laura Fernández Castelo, 5º A

jueves, 22 de septiembre de 2011

A Coruña

A Coruña ten moitas cores,

porque está chea de flores,

está chea de parques,

onde os nenos comparten as súas amizades.



Nas súas festas e romarías,

a xente disfruta con alegría;

vivo na Coruña con ilusión

porque a levo no corazón.



Sandra Tresancos García, 5ºA

A Coruña

Na Coruña nacín,

na Coruña me quedarei,

na cidade que máis me gusta,

na cidade onde medrei.



Na Coruña estou contenta,

nunca me vou marchar

lonxe das súas praias,

lonxe do seu mar.



Os seus xardíns, o seu mar,

o lugar onde nacín,

sempre ocupará A Coruña

un prezado lugar en min.



Ariadna Díaz terrazo, 5ºA

miércoles, 21 de septiembre de 2011

A Coruña

A Coruña é preciosa,

tamén maravillosa,

se vés visitala

quedarás marabillada.



A Coruña é a mellor,

está no meu corazón.

Se miras dentro de min

verás o bonita que é.



A Coruña é fascinante

e moi emocionante,

ven visitala pronto

e atoparala deslumbrante.



Yennifer Quintana de la Cruz,5ºA

A coruña

A Coruña está bañada

pola auga do Atlántico.

A Coruña está bañada

de esforzo e traballo.



A nosa Coruña

orgullo de Galicia

coa torre de Hércules

e a Praia de Riazor.



A Coruña é unha cidade

linda e divertida

coa nosa brisa

coa nosa risa.



A Coruña, cidade

é digna de ver,

se a queres coñecer

está aos teus pés.



Rubén Varela Moscoso, 5ºA

martes, 20 de septiembre de 2011

A Coruña

A CORUÑA

A Coruña é xenial,

ten monte e mar,

para min é especial

porque alí teño o meu fogar.



Vivir na Coruña que bonito é,

ten moito que ver

e cen historias para aprender.

Que fermosa é!



Jonathan Naya Fernández, 5ºA

lunes, 19 de septiembre de 2011

Torre de Hércules

A Coruña

A cidade de A Coruña

coa torre de Hércules

e o seu mar,

non hai cidade tan xenial.



E o Deportivo,

o vento, a chuvia

 e as praias de Riazor e Orzán.



A Coruña, a miña cidade,

sen ti non podo vivir.



Candela González Núñez, 5ºA

domingo, 18 de septiembre de 2011

A Coruña

A CORUÑA

Mareas vivas

batendo nas rochas,

chegado o outono

nas nosas costas.

  

Na Coruña vívese

con temor á oleaxe,

chegado o inverno

non hai quen escape.



O mar bate con forza

e sempre o acompaña o vento

que fai voar as mozas

e tamén os nenos.

Rubén Sánchez da Silva, 5ºA