domingo, 16 de octubre de 2011

A Lúa e o Sol xigantes no ceo

A Lúa e o Sol xigantes no ceo

Lúa de prata,

Lúa brillante

que alumeas

na noite

coma un diamante.



Sol fermoso,

xigante caloroso

que dirixes os astros

coma un rei poderoso.



Ariadna Díaz terrazo, 5º A

O río e o mar

O río e o mar



O río nacendo

no alto da montaña.

Que bonito é!

Que bonito é!



A súa auga doce

camiño do mar

para se xuntar

e xamais separar.



As gotiñas de auga

caendo no mar

como almas xemelgas

a se consolar.



Manuel Soto Figueiredo, 5ºA

Noite e día

Noite e día



Saíu a lúa,

brillan as estrelas,

chegou a noite,

morreu o día.



Daniel vigo Lage, 5ºA

A raposa presumida

A raposa presumida

A raposa presumida

todos os días

saía a pasear

con garbo ao camiñar.



Polo bosque camiñaba

e nunca se cansaba.



Ana Areoso López, 5ºA

O outono

O outono

No outono, as follas

cobren o chan

cun manto amarelo e marrón.

A xente garda o bañador

e saca o cobertor.



Laura Fernández Castelo, 5ºA

O Sol e o Río

O Sol e o Río



Cando o Sol está a quentar

Non teño nada de frío,

Pódome bañar no mar

E mesmo nalgún río.



Sandra Tresancos García, 5ºA

O Sol

O Sol

O Sol brilla

nas nosas vidas

coa súa calor e a súa alegría.



A súa luz

brilla no verán

como una antorcha

que encendida sempre está.



Grazas, Sol

pola túa alegría.

Se non existiras

non habería día.



Rubén Varela Moscoso, 5º A

O mar

O Mar

Ten auga salgada,

e moitos animais

con moita vida.

 O outono

Adeus ao verán,

xa chega o frío

e a choiva

fai medrar os ríos.

Jonathan Naya Fernández, 5º A

Outono

Outono

No outono,

cáenlle as follas ás árbores,

o campo vólvese dourado.



No aoutono chove,

tamén vai frío

e os días son máis curtos.



No outono

empeza o colexio,

e os paxaros marchan ao sur.



Flavia Tong Paucar,5ºA

O outono

O outono

O outono chegou

marrón e amarelo.

O outono chegou

e tamén vermello.



O outono chegou

e con el os cogomelos.

O outono chegou

coa choiva e o vento.



O outono chegou

 e adeus ás andoriñas.

O outono chegou

e follas secas nos deixou.

David García Remo, 5ºA

domingo, 2 de octubre de 2011

5ºA COMEZA A ESCRIBIR NO BLOG POESÍAS

Felicitacións para as nenas e nenos de 5ºA  polos seus poemas; para os que están no Blog e para os que por falta de espacio non están desta vez.(Sodes moitos)
ÁNIMO!!!SEGUIDE TRABALLANDO!!! que eu vou ler os vosos traballos porque me gustan e o paso moi ben.
Saúdos
           Mari Carmen V.

sábado, 1 de octubre de 2011

Coruña, un sentimento

Coruña, Coruña,

es un sentimento

Unha marabillosa cidade.



Que fermosa é a Coruña!

Levantarse cediño

e ver as olas romper.



Manuel Soto Figueiredo.5ºA

Estrelas brillantes



Coruña, coas túas estrelas brillantes

e a túa luz deslumbrante

resultas máxica e inigualable.



Leeia- Ana Ciucurean, 5ºA

Un fermoso lugar




A Coruña é un fermoso lugar

rodeado de mar,

A casa do Home,

A dos Peixes,

A das Ciencias

E o museo de Belas Artes,

Todos podes visitar.



Nicolás Paz Franco, 5ºA

Na alma te levo

Coruña, quérote

Á Coruña veño

e por eso sempre

na alma te levo.



A miña terriña,

a miña cidade

e como me gusta

nela quero estar.



Sheila Cedrón Carracedo, 5ºA

O vento da Coruña

A Coruña é unha cidade fermosa

que ten unha ría,

 un cantón cheo de rosas

e unhas praias areosas.



O mar levoume as miñas prosas

como pétalos de rosas

mecidas polo vento

da Coruña en movemento.



Ana Areoso López, 5ºA