NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

xoves, 5 de febreiro de 2015

RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS VENRES

Hoxe estreamos un novo xeito de recomendar libros. Xa que non hai mellor recomendación que a que nos pode facer un lector ou lectora.
Por iso a partir de agora, de vós depende que esta sección teña todos os venres unha lectura interesante da que falar.
Queremos que nos contedes porque ese libro foi tan especial para vós que, aínda que os ollos querían pecharse polo sono, loitáchedes para seguir lendo: para saber que fixo o rato; como se aclara o misterio; quen venceu ao malvado ...
Este venres, o noso compañero Roi de 1ºB, cóntanos cal é o seu libro preferido.
Grazas Roi.

Ningún comentario:

Publicar un comentario