NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

martes, 10 de marzo de 2015

SABEDES QUE ...

Imos  dedicar a nosa sección de "Sabedes que ..." , durante estas semanas aos animais. Empezamos cos mais pequenos: "As formigas".







As formigas pódense comunicar entre elas utilizando as feromonas, que son sinais químicos que poden emitir co seu corpo. Así os adoitan deixar na terra, para que as outras formigas poidan ulir as mensaxes.
Logo, poden captar todo tipo de olores coas súas longas antenas móbiles, que son tan sensibles que lles permite coñecer a intensidade e a procedencia do olor en cuestión. Razón pola cal aparecen como por arte de maxia apenas derrames azucre sobre a mesa.
Así, cando unha formiga exploradora descobre alimento, deixa un rastro cando volve ao formigueiro, que pode ser seguido logo por miles de formigas obreiras cual GPS animal. E  se vai cambiando se algunha das formigas encontra un camiño máis directo, ou se por algunha razón o camiño quedou bloqueado.
Unha formiga pode sobrevivir varias semanas baixo a auga.
A colonia de formigas máis grande do mundo descubriuse en 2002. Esta super colonia ten millóns de formigas que viven en millóns de formigueiros. Ten unha extensión de 5.793.6384 quilómetros,  dende Italia ata o noroeste de España, e dicir, ata Galicia.


A formiga é capaz de levantar 50 veces o seu propio peso e 30 veces o volume do seu corpo.


A formiga cae sempre cara á dereita cando esta intoxicada
Non teñen pulmóns. Respiran a través de pequenos orificios aos costados denominados espiráculos
Existen dende hai case 100 millóns de anos e encóntranse en case todo tipo de medioambiente terrestre
Cando unha formiga quere atraer a atención dalgunha outra, palpa coas súas antenas a cabeza da compañeira. As formigas comunícanse mediante a química, o tacto, o son, o olor e a vista.



E por último que saibades que, como nós este ano no colexio ... hai formigas capaces de cultivar. Levan raíces e sementes ao almacén do seu formigueiro.





Ningún comentario:

Publicar un comentario