domingo, 31 de maio de 2015

CONTOS CORTOS

Todos os nenos e nenas teñen dous ollos, un nariz, unha boca, dúas orellas e dez dedos, non si?
Allegra, vai descubrir que hai nenos e nenas de todo tipo.
Fai click no enlace:


La Niña que tenía una sola oreja | Los Mejores Cortos

venres, 29 de maio de 2015

RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS VENRES.


Este venres a recomendación literaria ven en forma de pistas. A ver se sodes capaces de adiviñar de que libro se trata.

1ª pista: acaban de cumplirse os 150 anos da súa publicación. Pero isto non é un problema, xa que de seguro que todos coñecedes o conto, e ata o leíchedes. 

2ª pista: un dos personaxes é un sombrereiro, que está un pouco tolo. Ao parecer os sombrereiros de hai tempo, perdían a cabeza a causa da inhalación de mercurio e pegamento que utilizaban ao fabricar os sombreiros,

3ª pista: existe unha enfermidade que consiste en que a persoa percibe os obxectos moito máis pequenos e afastados do que realmente son o están. Esta patoloxía ten o mesmo nome que o conto.

4ª pista:o desenvolvemento do libro é unha partida de xadrez. Aparecen os movementos da raíña, dos cavalos, etc.


E por último, a derradeira pista. Este é un fragmento do contó:

El Gato sonrió al ver a Alicia.
Parecía tener buen carácter, consideró Alicia; pero también tenía unas uñas muy largas y un gran número de dientes, de forma que pensó que convendría tratarlo con el debido respeto.
– “Minino de Cheshire”, empezó algo tímidamente, pues no estaba del todo segura de que le fuera a gustar el cariñoso tratamiento; pero el Gato siguió sonriendo más y más. “¡Vaya! Parece que le va gustando”, pensó Alicia, y continuó: “¿Me podrías indicar, por favor, hacia dónde tengo que ir desde aquí?”.
– “Eso depende de a dónde quieras llegar”, contestó el Gato.
– “A mí no me importa demasiado a dónde…”, empezó a explicar Alicia.
– “En ese caso, da igual hacia dónde vayas”, interrumpió el Gato.
– “…siempre que llegue a alguna parte”, terminó Alicia a modo de explicación.
– “¡Oh! Siempre llegarás a alguna parte”, dijo el Gato, “si caminas lo bastante”.
A Alicia le pareció que esto era innegable, de forma que intentó preguntarle algo más: “¿Qué clase de gente vive por estos parajes?”.
– “Por ahí”, contestó el Gato volviendo una pata hacia su derecha, “vive un sombrerero; y por allá”, continuó volviendo la otra pata, “vive una liebre de marzo. Visita al que te plazca: ambos están igual de locos”.
– “Pero es que a mí no me gusta estar entre locos”, observó Alicia.
– “Eso sí que no lo puedes evitar”, repuso el gato; “todos estamos locos por aquí. Yo estoy loco; tú también lo estás”.
– “Y ¿cómo sabes tú si yo estoy loca?”, le preguntó Alicia.

– “Has de estarlo a la fuerza”, le contestó el Gato; “de lo contrario no habrías venido aquí”.



XA TEDES A RESPOSTA?



martes, 26 de maio de 2015

SABEDES CAL ....

É UN DOS POEMAS DE AMOR MAIS FAMOSOS DA LITERATURA EN LINGUA CASTELÁ?

O escritor chileno Pablo Neruda, escribiu un libro de poemas titulado "Vinte poemas de amor e unha canción desesperada". O poema número 20, é probablemente un dos poemas de amor que máis persoas coñecen e incluso saben de memoria.




Mais Pablo Neruda é o seudónimo de, Neftalí Ricardo Reyes Basoalto, así era como se chamaba.
Aquí tedes o poema, que ademáis nesta ocasión vai dedicado a unha alumna de 6º, Sara, que de seguro algún día leremos poemas dela así de fermosos.
O vindeiro mércores máis poesía.


Puedo escribir los versos más tristes esta noche.
Escribir, por ejemplo: «La noche esta estrellada,
y tiritan, azules, los astros, a lo lejos».
El viento de la noche gira en el cielo y canta.

Puedo escribir los versos más tristes esta noche.
Yo la quise, y a veces ella también me quiso.
En las noches como ésta la tuve entre mis brazos.
La besé tantas veces bajo el cielo infinito.
Ella me quiso, a veces yo también la quería.

Cómo no haber amado sus grandes ojos fijos.
Puedo escribir los versos más tristes esta noche.
Pensar que no la tengo. Sentir que la he perdido.
Oír la noche inmensa, más inmensa sin ella.
Y el verso cae al alma como al pasto el rocío.
Qué importa que mi amor no pudiera guardarla.
La noche está estrellada y ella no está conmigo.
Eso es todo. A lo lejos alguien canta. A lo lejos.
Mi alma no se contenta con haberla perdido.
Como para acercarla mi mirada la busca.
Mi corazón la busca, y ella no está conmigo.
La misma noche que hace blanquear los mismos árboles.

Nosotros, los de entonces, ya no somos los mismos.
Ya no la quiero, es cierto, pero cuánto la quise.
Mi voz buscaba el viento para tocar su oído.
De otro. Será de otro. Como antes de mis besos.
Su voz, su cuerpo claro. Sus ojos infinitos.
Ya no la quiero, es cierto, pero tal vez la quiero.
Es tan corto el amor, y es tan largo el olvido.
Porque en noches como esta la tuve entre mis brazos,
mi alma no se contenta con haberla perdido.
Aunque éste sea el último dolor que ella me causa,
y éstos sean los últimos versos que yo le escribo. 

venres, 22 de maio de 2015

CAMPAÑA DE APOIO Á INVESTIGACIÓN DO CANCRO INFANTIL.

Este luns desde o noso blog imos apoiar o cancro infantil. Cada vez que escoitemos este video, aquí no blog ou en you tube, apoiaremos a investigación de cancro infantil con 5 céntimos. 
Iste non é un "Conto corto" como o de todos os luns, mais é unha historia mais fermosa, xa que é solidaria. Asi que xa sabedes, todos a escoitar a canción de Macaco e ver o video, na escola e na casa.





xoves, 21 de maio de 2015

RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS VENRES.

Este venres a recomendación literaria é de Lis e Carla, compañeiras da aula de 4ºA. Como veredes e unha recomendación moi ben relatada.
Noraboa ás dúas e moitas grazas.





mércores, 20 de maio de 2015

SABEDES QUE ...

PICASSO VIVIU NA CORUÑA E A SÚA VIDA ESTÁ CHEA DE CURIOSIDADES?







O berce artístico de Pablo Picasso é A Coruña, ao pé do océano Atlántico, na esquina oposta ao Mediterráneo que baña a súa Málaga natal e a súa xuventude barcelonesa. Tratase dun dos maiores xenios do século XX. Picasso iniciouse como artista na cidade galega na que viviu coa súa familia tan só tres anos e medio, entre o outono de 1891 e a primavera de 1895, aínda que nun momento crucial ao tratarse desta etapa ponte da vida na que un muda de neno a adolescente.
Pablo Ruiz, que aínda non asinaba co seu apelido materno que convertería en mundial, tiña apenas 13 anos cando, hai agora exactamente doce décadas, espuxo ao público os seus primeiros lenzos, primeiro no escaparate do bazar Hernández e ao mes seguinte nunha tenda de paraugas, ambas as dúas na céntrica rúa Real.

ESTAS SON ALGUNHAS CURIOSIDADES DA SÚA INTERESANTE VIDA.

O seu verdadeiro nome

O nome completo do pintor constaba de 23 palabras: Pablo Diego José Francisco de Paula Juan Nepomuceno María de los Remedios Cipriano de la Santísima Trinidad Mártir Patricio Clito Ruiz e Picasso. Non obstante, fíxose coñecido mundialmente como Pablo Picasso.

Creron que nacera morto.

Logo de que a súa nai o deu a luz, a parteira creu que estaba morto debido a que non reaccionou ao momento de nacer. Entón, deixouno recostado nunha mesa para poder atender á súa nai. O seu tío, presente no lugar, viu a situación e tiroulle unha bafarada de fume de cigarro enriba, o que fixo reaccionar ó recén nacido.

Le picador.


O seu primeiro cadro completouno á tenra idade de 9 anos e chamoulle " Le Picador". Esta pintura é o retrato dun home xunto ao seu cabalo. A Picasso encantáballe contar anécdotas da súa nenez. Entre os seus recordos máis entrañables están os primeiros pasos  empurrando unha sillita ou unha caixa de lata de galletas "Olibet".

Primeira Comuñón.


Á idade de 15 anos realizou o seu primeiro obra académica.
Impresionante, non si?
Chamouna "Primeira Comuñón" e nela aparece o seu pai, chamado José Ruiz Blasco; a súa nai, chamada María Picasso López; e a súa irmá Lola axeonllados nun altar. Dise que pintou unha serie de pinturas relixiosas que nunca se atreveu a vender.

Estudante rebelde.

A pesar de ser un grande estudante, Picasso era enviado de xeito frecuente á "sala de detención". De todos os xeitos, el afirmou que pasaba moi bos momentos nese lugar porque as súas mestras lle permitían debuxar. Como non lle gustaba asistir ao colexio, soía inventar algunha doenza ou levábase algún obxecto do seu pai para que o fose a buscar.

O Guernica.




O cadro chamado "Guernica" foi pintado entre os meses de maio e xuño de 1937. Josep Renau, Director Xeral de Belas Artes, pediu a Picasso este cadro para ser exposto no pavillón español durante a Exposición Internacional de 1937 en París. O obxectivo era atraer a atención internacional á causa republicana en plena Guerra Civil Española.

Animádevos a buscar información sobre o que pasou en Guernica, e entenderedes esta pintura.

Un morea de obras.

O libro de récords Guinness nomeou a Picasso como o artista máis prolífico do mundo: a súa colección conta con aproximadamente 13.500 pinturas, 100.000 impresións, 34.000 ilustracións e 300 esculturas.

O artista máis roubado.

Picasso foi o artista máis roubado da historia. 350 das súas obras foros obxecto de roubo.

O soño.



"O soño"  foi no ano 2013 unha das pinturas máis caras do mundo. Vendeuse en 155 millóns de dólares. É un retrato dunha das súas mulleres.

A realeza da arte.

Picasso tiña, obviamente, unha obsesión polas súas pinturas. A súa familia conta que, cando xa era un artista consagrado, compraba castelos e completaba os seus cuartos coas súas obras. Unha vez que as paredes dun castelo estaban cheas, compraba outro palacete e comezaba a completar esta galería privada novamente.

O misterio da Mona Lisa.



No ano 1911, a Mona Lisa, o famoso cadro de Leonardo Da Vinci, foi roubado do museo parisiense Louvre. A policía tiña como principias sospeitosos a Pablo Picasso e o seu poeta e amigo Guillaume Apollinaire. Por esa razón, foron detidos e interrogados. De todas as maneiras, ningún dos dous foi declarado culpable, e foron deixados en liberdade.

Un galán.


Picasso, ademais dun xenio da pintura, era un sedutor, característica que o levou a ter moitas mulleres, a maioría máis novos ca el. Entre elas destacaron: Fernande Olivier, Marcelle Humbert, Gaby Lespinasse, Olga Khokhlova, Marie-Thérèse Walter, Dora Maar, Françoise Gilot, Geneviève Laporte e Jacqueline Roque.
Nesta fotografía está ca súa segunda muller.

Diversos períodos artísticos.


Nunha primeira instancia, entre 1901 e 1904, Picasso usaba cores primarias entre as que predominaba o azul. Usualmente as escenas retratadas polo pintor eran moi tristes: adoitaba pintar mendigos. Logo, en 1905 comezou o seu período rosa, moito máis alegre e festivo, durante o cal pintaba pallasos. Un dos seus períodos máis curiosos foi o das máscaras africanas, o cal comezou no ano 1908. Un ano despois, comeza o seu período máis característico: o cubista.

E, xa para finalizar, aquí tedes a Picasso en acción, con 69 anos.