martes, 27 de octubre de 2015

E TI, QUE PINTAS?

Imos dar un salto, para despois de coñecer a pintura da Prehistoria e a da Idade Antiga, chegar dando unha gran zancada á Idade Contemporánea.
E aquí atopámonos co Impresionismo.





O impresionismo xurde a mediados do século XIX e supón unha reacción á pintura tradicional.
Unha das primeiras características do impresionismo é que os pintores se liberan das súas ataduras cos encargos que recibían, normalmente de nobres ou membros da igrexa católica e comezan a realizar cadros que realmente queren facer.
O pintor pasa a ser unha persoa que depende de si mesmo para sobrevivir e non daquilo que lle piden que faga para outras persoas ou institucións.
Unha das obsesións dos pintores impresionistas neste momento será a representación da paisaxe, pero non só a vista dun espazo natural senón tamén urbano ou arquitectónico e como a luz inflúe nesa paisaxe a diferentes horas do día.
Non é estraño atopar as mesmas representacións dun edificio, como fixo Monet coa catedral de Ruan, a diferentes  horas do día de maneira que se poden observar os cambios que a luz exerce sobre esas representacións, así que non era estraño atopar un pintor que se achegaba a unha zona concreta a representar a mesma paisaxe á mesma hora do día para poder captar a mesma luz que ilumina esa zona.

Outra característica do impresionismo é a forma de pintar, de aí o seu nome porque son impresións.
Se nos achegamos ao cadro darémonos conta de que practicamente son manchas o que compón a pintura, pero se nos afastamos uns pasos poderemos observar como esas manchas van adquirindo forma para converterse naquilo que o pintor desexa transmitir.

Pinceis pouco grosos e pequenos toques sobre o lenzo serán os que compoñen a obra. Partes aparentemente inconexas dan lugar a un todo que é unitario.
Estas son obras dalgúns dos impresionistas máis famosos::

DEGAS




MONET










VINCENT  VAN GOGH





RENOIR


lunes, 26 de octubre de 2015

RECOMENDACIÓN LITERARIA

Xa que entramos no Samaín, e que o colexio está cheo de fermosas e terrorificas cabazas, imos a recomendar un conto de medo titulado "Fiz, o coleccionista de medos".
E noraboa a todas e todos polas vosas cabazas, sodes uns artistas!!!


domingo, 25 de octubre de 2015

CONTOS CORTOS


Este luns o Conto Corto titúlase "French Roast". Está claro que as apariencias engañan.


jueves, 22 de octubre de 2015

VENRES DE POESÍA




Este venres, grazas  a un autor moi importante do Século de Ouro español, chamado Lope de Vega, podemos aprender a compoñer sonetos.
Lope de Vega, Madrid (1562-1635) procedía dunha familia humilde e tivo unha vida moi axitada e chea de lances amorosos.
A súa obr é moi extensa, tanto na narrativa, como na poesía. Mais, será no teatro onde realmente Lope destacou por ser un renovador deste xénero.
Se iste poema que imos ler este venres, é un dos mais coñecidos deste autor; entre as súas obras teatrais podemos destacar: "Fuenteovejuna", "El Caballero de Olmedo",  e "El perro del hortelano".






Un soneto me manda hacer Violante
que en mi vida me he visto en tanto aprieto;
catorce versos dicen que es soneto;
burla burlando van los tres delante.

Yo pensé que no hallara consonante,
y estoy a la mitad de otro cuarteto;
mas si me veo en el primer terceto,
no hay cosa en los cuartetos que me espante.

Por el primer terceto voy entrando,
y parece que entré con pie derecho,
pues fin con este verso le voy dando.

Ya estoy en el segundo, y aun sospecho
que voy los trece versos acabando;
contad si son catorce, y está hecho.


E aquí tedes o poema recitado nunha película que se fixo sobre a súa vida.





miércoles, 21 de octubre de 2015

E TI, QUE PINTAS?

Continuamos co noso fermoso proxecto sobre pintura. Xa coñecemos as pinturas das covas, a pintura exipcia, e agora imos coñecer a pintura grega.





A civilización grega é unha das máis importantes na historia da humanidade. Desenvolveron unha cultura extraordinaria, deixándonos un legado perdurable que percibimos a diario no mundo que nos rodea. De feito, a arte, a historia, a filosofía, a literatura, as matemáticas; a xeometría; a mitoloxía; nos deportes, as olimpiadas, principalmente, foron o seu legado.
Hai 2500 anos, en Grecia  vivían os máis grandes pintores, escultores, escritores científicos e filósofos. Este período de gran creatividade chamouse "Período clásico".
En xeral, para que florezan as artes é necesario que o estado e os cidadáns poidan pagar por elas, é dicir, debe ser un estado poderoso e rico no que se estimule o proceso creativo e os cidadáns deben ter acceso á educación.
Grecia nese momento o era. Tiña un sistema político moi forte e podía darse o luxo de ter artistas e científicos. O que estas persoas descubriron e crearon, foron as bases da nosa civilización actual.
Naquela época, facíanse concursos onde os pintores podían demostrar as súas técnicas para pintar desde colosais deuses, ata retratos de persoas. Os gregos gustaban da perfección, así que trataban de mostrar e crear todo dunha xeito fermoso, aínda que ás veces non se correspondese coa  realidade.

Pintura

Para falar da pintura grega é necesario facer referencia á cerámica, xa que precisamente na decoración de ánforas e pratos, cuxa comercialización era un negocio moi produtivo na antiga Grecia, foi onde puido desenvolverse esta arte.
Co correr do tempo, estas fóronse enriquecendo progresivamente ata cobrar volume. Apareceron, entón, os primeiros debuxos de plantas e animais enmarcados. Nun próximo paso incluíuse a figura humana e mesmo representacións mitolóxicas.

As escenas organizáronse en franxas horizontais paralelas que permitían a súa lectura virando a peza de cerámica.






E para que saibades algo máis desta civilización tan importante, aquí tedes un video para coñecela mellor.






martes, 20 de octubre de 2015

SABEDES QUE ...


O SOL TAMÉN TEN A SÚA HISTORIA NA MITOLOXÍA GREGA?

Na mitoloxía grega o sol ven representado polo deus Helios, que era fillo de dous titanes: o seu pai Hiperión e a súa nai Tea.
Tea era a deusa protectora da vista e a que dotaba á plata, o ouro e as xemas do seu brillo característico.
Helios era un rapaz moi fermoso, coroado coa brillante aureola do sol. Todos os días saía, co seu carro tirado por catro cabalos solares, que arroxaban lume pola boca. Este percorrido marcará o inicio e o final do día.


Esta é a fermosa historia que nos conta a mitoloxía. Agora ides a ver unhas imáxenes en HD do verdadeiro sol, que son tan ou máis fermosas que esta historia.

En 2015 cúmprense 5 anos do Observatorio de Dinámica Solar da NASA, que proporciona imaxes do Sol incriblemente detalladas as 24 horas do día. Capturando unha imaxe máis dunha vez por segundo, SDO proporcionou unha visión do Sol sen precedentes desde o seu lanzamento o 11 de febreiro de 2010. Neste vídeo podemos ver o ballet constante de material solar a través da atmosfera do Sol, a coroa. En honra ao quinto aniversario de SDO, a NASA publicou este vídeo mostrando os aspectos máis destacados do últimos cinco anos observando o sol.
DISFRUTADE!!!


RECOMENDACIÓN LITERARIA.




Moitas grazas Iker, por lembrarnos cantas cousas podemos aprender nun libro de Banda Deseñada.
XA SABEDES SE VOS APETECE, NA BIBLIOTECA TEMOS MOITOS!

sábado, 17 de octubre de 2015

CONTOS CORTOS

O conto corto deste luns, titúlase "Sweet Cocoon". Este corto estivo nominado ao Oscar no ano 2015. É moi fermoso.




jueves, 15 de octubre de 2015

VENRES DE POESÍA

O poeta deste venres, é un dos  mais coñecidos da literatura española. Federico García Lorca.
O poema titúlase "La Tarara".




La Tarara
La Tarara, sí; 
la Tarara, no; 

la Tarara, niña, 
que la he visto yo. 

Lleva la Tarara 
un vestido verde 
lleno de volantes 
y de cascabeles. 

La Tarara, sí; 
la tarara, no; 
la Tarara, niña, 
que la he visto yo. 

Luce mi Tarara 
su cola de seda 
sobre las retamas 
y la hierbabuena. 

Ay, Tarara loca. 
Mueve la cintura 
para los muchachos
de las aceitunas.

Son moitas as ocasións en que os poemas son elexidos por cantantes para musicalos. "La Tarara" foi elixido por moitos cantantes, pero escollemos a versión de Antonio Vega para que a escoitedes.