xoves, 28 de abril de 2016

VENRES DE POESÍA





O CARACOL


Caracol, col, col;
caracol, caracoleiro
pon ós teus cornos ó sol
xa que es tan frioleiro!

Ao lombo levas a casa,
caracol, caracoleiro:
e deixas cintas de seda
engalanando o carreiro!

Caracol, col, col;
caracol caracolón;
pon os teus cornos ó sol

ó sol os teus cornos pon!

                                                Manuel María

E TI, QUE PINTAS?

Seguimos coa pintora escollida polos compañeiros e compañeiras de 3ºA e B.

 Maruja Mallo.






Maruja Mallo nace en Viveiro (Lugo) o 5 de xaneiro de 1902. Foi unha das figuras máis importantes da xeración do 27. Artista revolucionaria, formou parte dos movementos de vangarda en Madrid xunto aos grandes nomes do momento, como Dalí, Alberti ou García Lorca ou.
Da man do poeta Miguel Hernández, descobre Castela a Nova e traballa para numerosas revistas literarias: A gaceta literaria, O almanaque literario ou a Revista de Occidente.





En 1928, o filósofo José Ortega e Gasset organiza unha exposición da súa obra nos salóns da Revista de Occidente. Os seus dez óleos representaban poboados cheos de sol, toureiros e manolas, así como estampas coloreadas de maquinaria, deportes e cinema de principios de século. A exposición foi todo un acontecemento cultural.









En 1932 Maruja Mallo, obtén unha pensión da Xunta de Ampliación de Estudos para ir a París onde coñece aos pintores René Magritte, Max Ernst, Joan Miró e Giorgio de Chirico e participa en faladoiros cos escritores André Breton e Paul Éluard. Alí comeza a súa etapa surrealista. A súa pintura cambiou radicalmente e alcanzou a mestría, tanto que o mesmo Breton comproulle en 1932 o cadro titulado Espantallo, obra poboada de espectros que hoxe é considerada unha das grandes obras do surrealismo.




A partir de 1936, comeza a súa etapa construtiva, mentres que segue expoñendo cos pintores surrealistas en Londres e Barcelona. Participa como docente nas Misións Pedagóxicas, que a achegan á súa terra natal, Galicia, onde aos poucos meses sorpréndelle a Guerra Civil Española. Desde alí foxe a Portugal. Toda a súa obra cerámica desta época é destruída na guerra. Pouco tempo despois, a súa amiga Gabriela Mistral, embaixadora de Chile, axudouna a trasladarse a Buenos Aires, onde seguiu pintando, dando clases e cultivando amizades, entre elas, Pablo Neruda.

O 6 de febrerio do ano de 1995 morre en Madrid aos 93 anos.

Aquí a tedes. A que era fantástica!


Maruja Mallo nace en Viveiro (Lugo) el 5 de enero de 1902. Fue una de las figuras más importantes de la generación del 27. Artista revolucionaria, formó parte de los movimientos de vanguardia en Madrid junto a los grandes nombres del momento, como Dalí, Alberti o García Lorca.
De la mano del poeta Miguel Hernández, descubre Castilla la Nueva y trabaja para numerosas revistas literarias: La gaceta literaria, El almanaque literario o la Revista de Occidente.

En 1928, el filósofo José Ortega y Gasset organiza una exposición de su obra en los salones de la Revista de Occidente. Sus diez óleos representaban poblados llenos de sol, toreros y manolas, así como estampas coloradas de maquinaria, deportes y cine de principios de siglo. La exposición fue todo un acontecimiento cultural.

En 1932 Maruja Mallo, obtiene una pensión de la Xunta de Ampliación de Estudios para ir a París donde conoce a los pintores René Magritte, Max Ernst, Joan Miró y Giorgio de Chirico y participa en tertulias con los escritores André Breton y Paul Éluard. Allí comienza su etapa surrealista. Su pintura cambió radicalmente y alcanzó la maestría, tanto que el mismo Breton le compró en 1932 el cuadro titulado Espantapájaros, obra poblada de espectros que hoy es considerada una de las grandes obras del surrealismo.


A partir de 1936, comienza su etapa constructiva, mientras que sigue exponiendo con los pintores surrealistas en Londres y Barcelona. Participa como docente en las Misiones Pedagógicas, que la acercan a su tierra natal, Galicia, donde poco a poco meses le sorprende la Guerra Civil Española. Desde allí huye a Portugal. Toda su obra cerámica de esta época es destruida en la guerra. Poco tiempo después, su amiga Gabriela Mistral, embajadora de Chile, la ayudó a trasladarse a Buenos Aires, donde siguió pintando, dando clases y cultivando amistades, entre ellas, Pablo Neruda.

El 6 de febrerio del año de 1995 muere en Madrid a los 93 años.

martes, 26 de abril de 2016

SABEDES QUE ...

O 22 DE ABRIL É O DÍA DA TERRA?




AQUÍ TEDES UN VIDEO PARA PENSAR, REFLEXIONAR SOBRE SE ESTAMOS TRATANDO COMO DEBERÍAMOS O NOSO PLANETA.


RECOMENDACIÓNS LITERARIAS

Hoxe imos a coñecer algún aforismo. E, por si alguén non sabe o que é...  Un aforismo é un enunciado conciso e breve, que xeralmente promulga unha máxima ou unha idea común.

Ao longo do día sempre dicimos algún aforismo, aínda que non nos decatemos. Pero as raiñas dos aforismos son as nosas nais:

"Se estás enfermo para ir a escola, tamén o estás para saír cos amigos"

Aquí tedes algúns aforismos do libro "Mas que palabras" do escritor Benjamín Prado.

Xa veredes como dan que pensar!



- Cando non vaias a ningures, tamén te quererei acompañar.

-Hai que só conta contigo ata completar aforo.

- Recoñecina porque non se parecía a ninguén.





Hoy vamos a conocer algún aforismo. Y, por sí alguien no sabe  que es...  Un aforismo es un enunciado escueto y breve, que generalmente promulga una máxima o una idea común.
A lo largo del día siempre decimos algún aforismo. Pero las reinas de los aforismos son nuestras madres:

"Si estás enfermo para ir la escuela, también lo estás para salir con los amigos"

Aquí teneis algunos aforismos del libro "Más qué palabras" del escritor Benjamín Prado. 

Ya veréis como dan que pensar!


- Cuando no vayas a ninguna parte, también te querré acompañar.

-Hay quien sólo cuenta contigo hasta completar aforo.

- La reconocí porque no se parecía a nadie.

xoves, 21 de abril de 2016

SEMANA DO LIBRO NO NOSO BLOG. E TI, QUE PINTAS?

Sen dúbida, nesta semana dedicada ao libro no noso blog, non podían faltar as ilustracións. Eses debuxos que dan formas e cores ás palabras.

As orixes da ilustración son anteriores ao invento da imprenta, remóntanse á Idade Media cando os libros manuscritos eran acompañados por debuxos ou imaxes que facían referencia aos textos.

En Galicia temos uns e unhas ilustradoras magníficas. Para mostra ...


Alberto García Ariza


Alberto Gomez (Ollo)


Alicia Suarez


Anxo Fariña


Fran Bueno


Iria Fafián Alonso


Siro


Viki Berre


Rebeca Varela


Laura Veleiro



Fermosas ilustracións. Marabillosas as nosas ilustradoras e ilustradores, non si?

mércores, 20 de abril de 2016

SEMANA DO LIBRO NO NOSO BLOG. SABEDES QUE ...

...?




"Carapuchiña Vermella" é unha lenda popular francesa que sempre se transmitiu na fala da xente para educar aos nenos sobre os perigos da vida.


Este é o Castillo Lohr onde vivíu a verdadeira Blancaneves.

O conto de Blancanieves está baseado na vida dunha muller chamada Maria Sophia Margaretha Catharina von Erthal, isto sábese grazas á investigación do Dr. Karlheinz Bartels sobre o conto de Blancanieves e os Sete Ananitos. O lugar onde ocorre todo é a Franconia alemá chamada Lohr, o sitio que viu nacer, en 1729 á verdadeira Blancanieves.




Alicia no país das marabillas


Lewis Carroll, desde a xanela da súa oficina podía ver a unhas nenas nun xardín, eran Alicia Liddell e as súas irmás, Lorina e Edith. Mantivo amizade coas nenas, en especial con Alicia e nesta inspirouse para escribir a súa obra Alicia no Pais das Marabillas.
Os sombrereros tolos realmente existían. Na elaboración dos chapeus de copa utilizábase pintura de chumbo e elementos como o mercurio e os sombrereros da época estaban expostos a inhalar isto, a longo prazo desenvolvían principios de toxemia.




O nome de Oz (libro O mago de Oz) xurdiu mentres o autor miraba os organizadores dun arquiveiro: da Á a N e da O á Z.


Estas son só algunhas das curiosidades que hai sobre libros. Como vedes detrás de cada historia que lemos sempre hai unha anécdota, unha casualidade, un acontecemento ... que lle da pé á escritora ou escritor a escribir unha historia, a poñer un título.




"Carapuchiña Roja" es una leyenda popular francesa que siempre se transmitió en boca de todos para educar a los niños sobre los peligros de la vida. 


                                  Este es el Castillo Lohr donde vivíu la verdadera Blancaneves.

El cuento de Blancanieves está basado en la vida de una mujer llamada Maria Sophia Margaretha Catharina von Erthal, esto se sabe gracias a la investigación del Dr. Karlheinz Bartels sobre el cuento de Blancanieves y los Siete Enanitos. La locación donde ocurre todo es la Franconia alemana llamada Lohr, el sitio que vio nacer, en 1729 a la verdadera Blancanieves.



                                                   Alicia en el país de las maravillas


Lewis Carroll, desde la ventana de su oficina podía ver a unas niñas en un jardín, eran Alicia Liddell y sus hermanas, Lorina y Edith. Mantuvo amistad con las niñas, en especial con Alicia y en esta se inspiró para escribir su obra Alicia en el Padres de las Maravillas.
Los sombrereros locos realmente existían. En la elaboración de los sombreros de copa se utilizaba pintura de plomo y elementos como el mercurio y los sombrereros de la época estaban expuestos a inhalar esto, a largo plazo desarrollaban principios de toxemia. 



El nombre de Oz (libro El mago de Oz) surgió mientras el autor miraba los organizadores de un archivero: de la A La la N y de la Lo a la Z.


Estas son sólo algunas de las curiosidades que hay sobre libros. Como veis detrás de cada historia que leemos siempre hay una anécdota, una casualidad, un acontecimiento ... que le de la pie a la escritora o escritor a escribir una historia, a poner un título.

martes, 19 de abril de 2016

SEMANA DO LIBRO NO NOSO BLOG. RECOMENDACIÓN LITERARIA.

Hoxe a nosa recomendación literaria ten que ser especial, para iso estamos na semana do libro. Se hai un libro que emocionou e o sigue a facer na literatura galega, ese é "Memorias dun neno labrego" o seu autor chámase Xosé Neira Vilas.

Este é o seu fermoso inicio:

Eu son ...

Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademáis, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesar do que lle aconteceu por causa miña.


A que agora queredes saber que lle fixo Balbino a Manolito!!!

O LIBRO:



O AUTOR:





Hoy nuestra recomendación literaria tiene que ser especial, para eso estamos en la semana del libro. Si hay un libro que emocionó y lo sigue haciendo en la literatura gallega, ese es "Memorias de un niño labrador" su autor se llama Xosé Neira Vilas.

Este es su hermoso inicio:

Yo soy ...

Balbino. Un chaval de aldea. Como quien dice, un nadie. Y además, pobre. Porque de la aldea también es Manolito, y no hay quien le tosa, a pesar de lo que le sucedió por causa mía.


A que ahora queréis saber que le hizo Balbino a Manolito!!!


SEMANA DO LIBRO NOS NOSO BLOG. CONTOS CORTOS.

Os libros tamén teñen o seu día de celebración, o 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro. A todos e a todas as que vos gustan os libros,  xa sabedes que celebramos todos os días ter un bo conto para ler, mais tamén é certo que non está nada mal, que cada ano, durante un día, en moitas partes do mundo, se celebre a súa existencia que tanto goce nos produce cando nos mergullamos nas súas páxinas.

Durante esta semana iredes atopando fotografías de nenos e nenas do colexio que gozan vindo á biblioteca a ler.

Aquí tedes as dúas primeiras e a continuación o Conto Corto, que titúlase "One more page" (Unha páxina máis)

Seguro, que algunha vez, tamén vós dixechedes iso de : por favor, unha páxina máis!




QUE BO TÍTULO PARA EMPEZAR ESTA SEMANA!!!


xoves, 14 de abril de 2016

VENRES DE POESÍA

O meu barco é un fermoso poema de Manuel María, que foi musicado polo cantante Suso Vaamonde.
E aquí tedes a versión cantada e a letra do poema.

Animádesvos a cantala!





O MEU BARCO



Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños
quen me verá navegar!

Navegarei por mil rios
sete mares hei cruzar.
No meu barco de xoguete
cansarei de viaxar!

No meu barco de xoguete,
mariñeiro e capitán...!
Non teño medo ó trebón
nin me asusta o furacán!

O meu barco de xoguete!
O meu barco moito val:
verei terras, verei illas,
verei mares de coral...!

Andiven tódolos mares!
Xa cansei de navegar
co meu barco de xoguete

sin salir do meu fogar!