mércores, 15 de xuño de 2016

CLUB DE LECTURA "OS TUSITALAS"



CLUB DE LECTURA "OS TUSITALAS"

CURSO 2015/2016







Meus prezados Tusitalas:

Ao longo deste último curso, fixemos unha viaxe á lúa na compaña de Hugo Cabret; o noso corazón foi máxico e aprendimos que a verdadeira amizade non entende de razas, nin de guerras, nin de inxustificadas persecucións.
Esperei con ilusión cada venres para escoitar os vosos comentarios sobre a lectura, sempre interesantes e cheos de ideas.
Cada semana compartimos un dos mellores logros do ser humano, contar historias. Seguide compartido lecturas e non teñades medo a escribir as vosas se vos apetece, pois a lectura e a escritura fan que nos coñezamos mellor a nós mesmos e comprendamos mellor aos que nos rodean.
A Biblioteca do colexio sempre será o voso lugar, volvede cando queirades.

PD: Xa estades preparados para ler o libro dun verdadeiro Tusitala "A Illa do Tesouro" . Vos aseguro que nunca esqueceredes a súa lectura.

MOITAS GRAZAS, TUSITALAS. FOI UNHA HONRA PARA MIN COMPARTIR CON VÓS HISTORIAS!!!

martes, 14 de xuño de 2016

CONTOS PROXECTO : E TI, QUE PINTAS?

Premendo neste enlace poderedes ver os fermosos contos que escribíchedes para o proxecto de pintura.

Moitísimas grazas a todas e a todos pola cosa colaboración.

Sodes uns artistas!!!



https://issuu.com/abeleira/docs/contos_proxecto_pintura.docx/1

domingo, 12 de xuño de 2016

MOITAS GRAZAS A TODAS E A TODOS.





Con este video queremos agradecervos a todas e a todos o voso traballo, participación e ilusión neste lugar común que é a nosa Biblioteca.
Sen vós, non existirían os coellos, nin brancos, nin doutra cor; nin os esquios; nin Tiririca Perereca e Jararaca; non saberiamos a que sabe a lúa, nin por suposto que os libros voan; nin tantas cousas máis...
Seriamos menos sabios, reiriamos menos e non teriamos algo moi importante que  nos une a todos, a imaxinación.
Moitas grazas a todos e a todas. O vindeiro curso máis e mellor.

Ah! E non esquezades algo moi importante, o pracer de ler un libro na praia, no campo, na cama ...





xoves, 9 de xuño de 2016

UN CONTO PARA ANA





As gotas de choiva bulían pola xanela como nunha danza pretenciosa e a nena ollaba para elas como se fosen as derradeiras. As persoas grandes gardaban silencio desde había moitos días á procura dunha palabra, dun son que saíra daquela boca pequena que aliviara o  silencio.
A avoa puxéllare o nome de Ana, para que do dereito ou do revés a nena sempre o puidese ler. Cousas de vellas que querían alonxar os malos espiritos.
Co seu dedo pequeno, gordo e suave, a nena seguía as gotas de choiva que remataban o baile ao chegar ao final da xanela.
Mentres, a rendeeira da súa nai e as cacharelas do lume da cheminea, rompían, case con vergonza, o silencio, que esperaba o son da súa voz.
Do, Re, Mi, Fa, Sol … Do, Re, Mi, Fa, Sol – dixo anA.
O silencio descansou, cesou a choiva, a rendeeira parou e o cuarto encheuse de luz. O arco da vella, con agarimo abrazaou as montañas.

Este conto é para Ana, compañeira, mestra.
Bicos.

mércores, 8 de xuño de 2016

E TI, QUE PINTAS?


Pechamos esta sección por este curso, xa que  o vindeiro ano seguiremos co noso proxecto, cun video das alumnas e alumnos de 6º B na Exposición de pintura na Fundación ABanca.







SABEDES QUE ...

ESTE MES DE XUÑO CELÉBRASE A NOITE MAIS MÁXICA DO ANO? É A NOITE DE SAN
XOÁN.


Cunha historia desta noite meiga, despedimos por este curso, esta sección de Sabedes que...?




Esta noite máxica desde os tempos máis remotos, e a que coincide coa celebración do solsticio de verán (a noite máis curta do ano), ten na nosa terra unhas características moi especiais. É a noite do lume, das lumeiradas, fogueiras, cachelas ou cacharelas; da auga, reviven as propiedades das fontes santas e milagreiras, das nove ondas do mar (purifican e fecundan), do orballo; e tamén do mundo vexetal.
Esta noite as plantas acadan o mellor das súas propiedades curativas e máxicas. Por iso, as mozas recóllenas para poñelas nun caldeiro con auga. Alí teñen que quedar ó orballo da noite e pola mañán tódolos membros da casa, en especial os nenos, lávanse con esta auga milagreira.
Algunhas herbas varían segundo a zona, pero hai moitas que aparecen en todas elas. A estas forres de fermosos nomas, imos dedicar un pequeno espacio da nosa páxina.


As rosas son as primeiras:



Rosa Canina. Tamén chamada roseira, silva macho, rosal bravo, rosal do demo... ademais do arrecendo, ten propiedades tónicas e astrinxentes para a pel


Fento macho:



Tamén fieito, dentebrun, dentabrón... Cóntase deste fento que bota 'flores' a medianoite de San Xoán. Estas servirán para facer feitizos. No 'Ciprianillo' cóntase que pondo un lenzo baixo do fento a mañán estará cheo de demos pequenos. 
É velenoso, actúa como paralizante muscular.





Fiuncho, fiollo, fionllo...





 Protexe do mal de ollo. Un saquiño con sementes axuda a conserva-la saúde. Para manter lonxe as carrachas hai que levar unha ramiña no zapato esquerdo. Ten propiedades diuréticas e dixestivas. Úsase para lava-los ollos e axuda á secrección do leite.



Herba Luisa:




 verbena olorosa. Din que foi o costume de recoller esta planta ás doce da noite de San Xoán (as mozas casadeiras) a que fixo que o nome de verbena se extendese a tódalas celebracións nocturnas. Utilizábase para facer moitos ritos e feitizos amorosos. Ten propiedades dixestivas.






Herba de San Xoán:





 (Hypericum perforatum), pericón, abeluria, espantademos... a crenza popular era que ó queimala na casa, espantaba os demos. "A herba de San Xoán limpa a cara de grans". É cicatrizante, antiséptica, astrinxente, diurética e antidepresiva.





Malva:




 As propiedades desta planta son ensalzadas en moitos ditos populares: "Cun horto e un malvar hai menciñas para un fogar", "Cun pozo e un malvar, boticario dun lugar". Serve para a tos, queimaduras, picaduras de abellas...




Sabugueiro:




 sabugueiro, bieiteiro, saúco...Os froitos chámanse tamén uvas de bruxa. É bo para as inflamacións, é sudorífico e calma a tos. As propiedades intensifícanse cando San Xoán os bendice (nesta noite). É moi usado para espanta-los sapos e serpes.
Outras prantas máxicas adornan esta noite as paredes das casas e as fiestras. Ás veces son engados que fan os mozos ás mozas, pero tamén teñen a intención de escorrenta-los demos.




Romeu:






 alecrín, rosmariño... É unha das plantas máxicas, utilízase para purificar e protexer. Hai tempo queimábase cando había enfermos na casa. Oler a súa madeira conserva a xuventude. A súa esencia é tónica, estimulante, cicatrizante, boa para o reúma e fai crece-lo pelo.





Disfrutade da noite máis meiga, cos vossos amigos, coa vosa familia.
É unha noite de olores. Ulide, respirade.

É non esquezades mirar a lúa.

PASADEO BEN!!!

















luns, 6 de xuño de 2016

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS


Queremos despedirnos hoxe, e só durante as vacacións, desta sección co inicio dunha das máis entretidas, interesantes e fermosas novelas de aventuras, "A Illa do Tesouro".
O noso Club Lector, como sabedes, chámase "Os Tusitalas", ese é o nome dos seus membros. E de onde ven esta palabra? - vos preguntaredes
A Illa do Tesouro foi escrita por Robert Louis Stevenson, tamén moi coñecido por novelas como " O extraño caso do doctor Jekyll e o señor Hyde". Stevenson nun momento da sús vida decide vivir as Illas do Pacífico Sur, alí os aborígenes puxéronlle o nome de Tusitala, que na súa lingua significa "o que conta historias".

Aquí tedes o inicio da novela, que esperamos serva para que decidades surcar os mares e busca da Illa do Tesouro. E non pasa nada se no camiño tedes que rifar con algún pirata, ou beber unha copa de ron. Dormiredes na posada do Almirante Benbow, coñeceredes a John Silver, que lle falta unha perna, ou a Billy Bones que no seu cofre garda o mapa da Illa do Tesouro. A viaxe será fermosa, e nunca esqueceredes a trepidante aventura da súa lectura.





PARTE PRIMERA EL VIEJO BUCANERO


1. El viejo lobo de mar en la posada del "Almirante Benbow"

Me ha sido imposible rehusar las repetidas instancias que el caballero Trelawney, el doctor Livesey y otros muchos señores me han hecho para que escribiese la historia circunstanciada y completa de la ISLA DEL TESORO. Pongo, pues, manos a la obra, relatándolo todo, desde el alfa hasta la omega, sin dejarme cosa alguna en el tintero, exceptuando la determinación geográfica de la isla, y esto sólo porque estoy convencido de que en ella existe aún un escondido tesoro. Tomo la pluma en el año de gracia de 17... y retrocedo hasta la época en que mi padre era propietario de la posada del "Almirante Benbow" y hasta el día en que por vez primera, vino a alojarse en ella aquel viejo marino de tez curtida por los elementos, con su grande y visible cicatriz.
Aún lo recuerdo. Llegó a la puerta de la posada estudiando su aspecto, seguido de su maleta, que alguien conducía tras el en una carretilla de mano. Era un hombre alto, fuerte, de pronunciado color moreno avellana. Su trenza o coleta alquitranada caíale sobre las hombreras de su poco limpia blusa marina. Sus manos callosas y llenas de marcas, enseñaban las extremidades de unas uñas quebradas y negruzcas; llevaba en una mejilla aquella cicatriz de sable, sucia y de color blancuzco y repugnante. Paréceme verlo aún paseando su mirada investigadora en torno del cobertizo, silbando mientras examina- ba, y prorrumpiendo en seguida en aquella antigua canción marina que tan a menudo le oí cantar después:

¡Quince hombres en el cofre del muerto,

Yo-jo-jó, y una botella de ron!

CONTOS CURTOS

Por este curso, esta é a última entrada nesta sección. O viendeiro curso, máis e mellor a ser posible.







O destino, iso descoñecido, ou non!

xoves, 2 de xuño de 2016

VENRES DE POESÍA

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS E TODAS AS POETAS POR PARTICIPAR NESTE XOGO POÉTICO. ESTOU SEGURA QUE A MANUEL MARÍA LLE ENCANTARÍAN OS VOSOS POEMAS, A NÓS, GUSTÁRONNOS MOITO.








O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.

Chifra como o vento
ou coma un furacán,
verde como un fento
é feliz como un can!

                                                   Diego Alonso Varela 4ºA



O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.

Soa como os paxaros
é azul como o mar,
teñoo gardado no peto
para cando saioo xogar.

                                               Mariam Cristian 4ºA





O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.

Coas súas cores chifradas
ledas e de cor.
O meu chifre, que chifrado,
está o meu chifre chifrador.

                                         Yago Agra 4ºA




O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.

Eu teño un chifre divertido.
Eu teño un chifre bailador,
tan estudioso e tan pouco aburrido
tanto que mola un montón.

                                                    Saray Sánchez. 4ºA


O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.

Son feliz co meu chifre,
tanto que me pon chifrado.
Se a ti non che gusta,
gustarache o chifrón.

                                               Alex Salgado 5ºB



O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.

Eu son o chifre chifreiro
que tano chama a atención
e da tanta emoción
cando sae o sol.
Eu son o chifre chifreiro,
eu son o chifre chifrón.

                                                 Santi. 4ºA



O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.

O meu chifre chifreiro
me gusta un montón,
o meu chifre chifreiro
mola mogollón.


                                                          Alejandro Espiñeira. 4ºA


O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.


Chifre chifreiro chifrón,
o toca o señor barrigón,
que non presta atención,
e non ten moita razón.

                                        Anthony 4ºA


O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.


Ti tes un chifre chifreiro,
un chifre chifrón, 
eu teño un chifre,
que mola mogollón.

                                                          Alejandra González. 4ºA



O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.

Mola moito
a todos lles gusta
O meu chifre chifrón
que é o mellor
e mola mogollón.

                                                                      Racula Nicoleta Constantin 4ºA


O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.


Eu o toco sen parar
pola noite e pola mañá
a xente dí que teño que tocar, 
pero non sei en que lugar.

O meu chife Pepe
é moi alegre.
O meu chifre Adrián
é moi lacazán.

                                                               Carla Estraviz Suárez 4ºA


O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.

Que a todos chama a atención
Meu chifre é o mellor,
atrae a bolboretas da cor do sol
e frores vermellas con brillo e cor.


Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.


Meu chifre, meu chifre,
que chifra sen parar
que cando estás triste
o meu chifre trae alegría no ar.

                                                        Natalia Snachez Sampedro. 5ºB



O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.

É algareiro e moi preguiceiro
pita sen parar,
e a todos fainos mal.


Pero é o meu chifre,
un chifre chifrón
algareiro e preguiceiro,
o meu chifre é o mellor.


Ë o meu amigo,
é o meu chifre chifrón,
quérolle moito
sempre dándolle amor.

                               Yonata B.M 5ºB


O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.

Eu teño un chifre chifreiro
eu teño un chifre chifrón
que a todos o día alegra
a todos con amor.

                                 Samad Arif 5ºB



O CHIFRE

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algreiro,
que a todos chama a atención.

Ti tes un chifre chifrador
que mo mercaches na feira
Que resoa na aldea enteira
o seu asubío!

Eu tiña un chifre de verdade
era un chifre verdadeiro
non quería que chifraras da palla
nen de casca de salgueiro!

Eu daba ordes co meu chifre,
andaba a ordenar nos chifraros.
Que floreceran as frores
que chiaran os paxaros!
Que madurasen as cerdeiras
as figueiras e as maceiras!
Que viñesen ben cargados
de xoguetes os Reis Magos!

                                              Diego Leivas5ºB