jueves, 29 de septiembre de 2016

AS NOSAS LETRAS.

O texto pertence ao conto " As Tundas do corredor", do escritor Agustín Fernández Paz. Podedes disfrutar de toda a historia. ¿ Como?. Pois vindo á biblioteca a buscalo.


No corredor da miña casa viven as tundas. Polo día non se ven, pero pola noites saen todas e arman un rebumbio de mil demos.¿Mete medo ir por alí cando está escuro!
E son eu a única que sabe delas. O resto da familia parece coma se non soubese nada do que ocorre no corredor da nosa casa.
Meu pai nin tempo ten, que anda todo o día fóra, traendo e levando a morea de papeis que enchen a súa carteira,
Miña nai vive perdida entre lápises e pinceis. E anda decote angustiada coa idea de que ten que rematalos debuxos para o novo libro que lle encargaron.
Meu irmán Xabier está moi ocupado cos estudios e nin caso me fai. E Beba a pequena, pasa o tempo explorando todos os recunchos da casa, á procura de cousas que romper.
Pero eu sei que o corredor da miña casa está invadido polas tundas.
¿Calquera se atreve a pasar de noite por alí!


E vós, tedes tundas no corredor da vosa casa?

Pero, que son as tundas?







miércoles, 28 de septiembre de 2016

E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA

A arte africana é un fiel reflexo de ricas historias, mitos, crenzas e filosofía dos habitantes deste gran continente. 

A historia da arte africano remóntase á época prehistórica. As formas artísticas máis antigas son as pinturas e gravados en pedra de Tassili e Ennedi, na rexión do Sahara (desde o 6000 a.C. ata o século I de nosa era). 
Un lugar máxico, no que pola noite o ceo énchese de milleiros de estrelas.



Os homes e mulleres que viviron aquí hai uns 8.000 anos fixérono nun verdadeiro paraíso de prados verdes e bosques. Eran tempos nos que os últimos efectos da última era glacial (terminada hai uns 10.000 anos) deixábanse sentir no norte de África, que aínda gozaba dun clima máis húmido que o actual. Ao longo de toda a Meseta de Tassili localízanse máis de 15.000 estacións de gravados e pinturas rupestres.

 Nelas poden verse animais propios da Sabana africana. E aos humanos que conviviron con eles, os seus deuses, os seus símbolos, os seus mitos.

Aquí tedes algúns exemplos. Fermosas, non si?







martes, 27 de septiembre de 2016

SABEDES QUE ...?

A COMIDA AFRICANA É MOI CURIOSA E MOI APETECIBLE?




África do norte

Ao ter unha constante interacción cos países da Europa mediterránea, nesta rexión adoptáronse certos tipos de costumes culinarios que diferencia os pratos do norte africano do resto do continente. O cuscús é un dos pratos típicos na súa dieta. Diferentes civilizacións foron introducindo varios tipos de especias: o trigo, a sémola, as olivas e o aceite de oliva, son bos exemplos diso.

CUSCÚS


Resultado de imagen de CUSCÚS africano


África Oriental

Debido á súa cultura, os habitantes da sabana teñen unha dieta totalmente ausente de carne vacúa. O que si teñen permitido é beber o leite ou... o sangue! As persoas que non habitan estes lugares basean a súa dieta en grans e vexetais. Un dos pratos coñecidos é o ugali, que é unha pasta similar á polenta (fariña de millo) que se acompaña con sopas e guisos. Temos tamén o matoke, que é un prato basicamente feito de plátanos.

UGALI

Resultado de imagen de UGALI africano


MATOKE

Resultado de imagen de MATOKE africano





África central

Quizais é a máis fiel ás súas tradicións. O maní (cacahuete) e ají son algúns dos seus alimentos básicos, así como o plátano. Unha pasta de almidón e raíces de yuca é o acompañamento esencial de varios pratos. A carne é consumida grazas a que practican a caza.

MANI


Resultado de imagen de MANI africano




AJI

Resultado de imagen de aji africano


África occidental


As tres características principais destes pratos son: riqueza en almidón, exceso de graxa e ausencia de carne. O fufu é unha pasta feita a partir de tubérculos que serve para acompañar o guiso e a sopa. Esta rexión é coñecida, tamén, pola súa inclinación ás especias. A auga aquí é fundamental.


FUFU


Resultado de imagen de FUFU africano

lunes, 26 de septiembre de 2016

RECOMENDACIÓN LITERARIA

Este martes, temos outra recomendación literaria relacionada co noso proxecto. "E ti, que pintas" África.
Titúlase "OBAX", O autor e ilustrador  é André Neves.





Quando o sol desperta, OBAX percorre a savana africana com a sua imaginaçao. Ela conhece girafas e outros animais selvagens, mas o seu passatempo preferido é contar historias! Algumas delas sao tao incriveis que mais parecem um sonho.

O TEDES NA BIBLIOTECA NA SECCIÓN DE NOVIDADES.

domingo, 25 de septiembre de 2016

CONTOS CURTOS

O "Conto Curto" de hoxe, titúlase "Presto".

Un coello sen a súa cenoria, pode ser perigoso!

Disfrutádeo!!!











viernes, 23 de septiembre de 2016

AS NOSAS LETRAS.

Hoxe imos coñecer unha lenda galega.
A Lenda do Pozo dos Doncés

Lonxe da urbe, alá polas terras da Marquesa, conta unha lenda que nun recuncho do río de Xubia atópase unha foxa sen fondo. Os vellos din que noutros tempos os lobos ouveaban e as raposas rondaban por aqueles arredores encantados.
Naquel  lugar vivía unha fada, a fada máis fermosa do mundo enteiro. Coa sua voz doce, recitaba palabras máxicas e cantaba melodiosas cancións. E cando isto ocurría, de súpeto abríase unha porta dourada por riba das frías augas do río, deixando entreouvir unha música celestial de soño e albiscar un pazo endexamais visto cheo de riquezas...
           
Certo día, un dos rapaces que estudiaba humanidades no Convento do Rosario, foi testemuña da aparición. Sen perder tempo correu onda o prior e logrou convencelo para que o deixara baixar ata as profundidades do río.

A primeira hora da noite e guiados polo prior do convento, frades e estudantes descenderon polos carreiros para dexergar o milagre.

O valente estudante era un rapaz forte, atouse unha corda ó redor do seu corpo e afundiuse nas xélidas augas do Pozo. Sumerxiuse ata o fondo e pouco despois os seus compañeiros, abraiados, víronno sair  a superficie xubiloso e cunha resplandecente campá de ouro entre as mans. E entón unha voz  berrou sen ninguén saber de onde viña: “Se badalo tivese, a cen leguas se me ouvira”.
O estudante volveu a sumersirxe nas augas unha vez máis. Pero desgraciadamente xa ninguén o viu saír de novo. 

Tres días despois uns rapaces horrorizados viron aboiando no río unha corda de coiro, termada por unha man ensanguentada, que todos recoñeceron como a man dereita do arriscado rapaz. 

Din que unha parte do ouro do Pozo fundiuse co bronce da campá e que aínda hoxe chora polo serán, nas horas en que a terra e o ceo xúntanse tristeiras para chorar a morte do sol, finado despois de se deitar por tras do val de Pedroso...

jueves, 22 de septiembre de 2016

E TI, QUE PINTAS? AFRICA

Para que vos vaiades animando coa pintura africana, aquí tedes un video con pinturas e música africana de fondo. Que cores!
Seguro que vos fixades nas pinturas mais, a que os vosos pés movénse con estes ritmos.

Pois bailade!




martes, 20 de septiembre de 2016

SABEDES QUE ...?

Ao longo deste curso, e xa que imos a coñecer tantas cousas sobre o fermoso continente africano, nesta sección coñeceremos cada mércores curiosidades sobre os distintos paises que forman este continente.
Empezamos hoxe con Sudáfrica.

OS SURAFRICANOS AMAN A CARNE

Os surafricanos están tolos pola carne e a grellada. As persoas fan grelladas en calquera lugar, mesmo en pequenos apartamentos. As grellas están tamén presentes nas áreas recreativas públicas, como as praias ou os parques nacionais. É común atopar pratos con diferentes carnes, antílopes, avestruces, jabalíes, cebras e crocodilos.

Resultado de imagen de churrasco en sudafrica

A FROITA TÍPICA DE SUDÁFRICA É A MARULA

En Sudáfrica a marula utilízase para mollos, marmeladas e licores. O froito é alazán e rica en vitamina C. 
Resultado de imagen de MARULA FRUTA AFRICANA



"O SEÑOR DOS ANEIS"

 Entre os surafricanos famosos atópase o autor do" Señor dos Aneis", J.R.R. Tolkien. 

Resultado de imagen de jrr tolkien


UN PAÍS MOI GRANDE E MOI FERMOSO

Sudáfrica ten unha extensión maior á de Alemaña, Holanda, Belgica, Francia e Italia Xuntos. 


Resultado de imagen de SUDÁFRICA



Resultado de imagen de SUDÁFRICA

lunes, 19 de septiembre de 2016

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS

Este martes vos recomendamos un libro novo que acaba de chegar á biblioteca: " Mundo de cores"


A asociación Viraventos ideou este conto para provover a educación intercultural na sociedade galega porque queremos unha infancia enriquecida pola diversidade, capaz de facer un mundo máís feliz, onde todas as persoas conten.

Empeza así: Ola, eu son Diara. Eu son galega e senegalesa.



Este fermoso libro o tedes na nosa biblioteca, na sección de novedades.

Vide a por el!

domingo, 18 de septiembre de 2016

CONTOS CURTOS

O primeiro Conto Curto deste curso titúlase "Malaika a princesa". É a ferrosa historia desta princesa dun pais africano.

"Historias que só poden contar ás frores que garda a profunda voz da terra"

Disfrutádeo!




jueves, 15 de septiembre de 2016

AS NOSAS LETRAS. AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ.

Os venres no blog da biblioteca, dedicaremos esta sección a coñecer mellor a literatura galega máis actual. Iremos coñecendo autores de literatura infantil e xuvenil e poderedes disfrutar da lectura dalgún texto.
Se vos apetece coñecer algún escritor, escritora, poeta; non tedes máis que pasar pola biblioteca no recreo e estaremos encantados de poder satisfacer a vosa curiosidade literaria ou escribir nesta sección sobre as vosas recomendacións.

Hoxe imos a inaugurala cunha triste noticia que aconteceu este verán. Deixounos Agustín Fernandez Paz, autor que moitos de vós seguro que coñecedes e leíchedes algún libro del.
Agustín, que era mestre, dedicou a maior parte da súa vida a escribir libros para nenos pequenos e non tan pequenos. Os seus libros foron traducidos a moitos idiomas e recibieron moitos premios.
Toda a súa obra está escrita en galego, lingua pola que loitou sempre, espallando o seu amor por ela alá onde fose preciso.



Máis, tamén é certo que os escritores nunca nos deixan, xa que quedan os seus libros para seguir facéndonos compañía.
É dificil escoller un libro de Agustín Fernández Paz, así que imos a coñecer uns parágrafos do libro "Trece anos de Branca".

Como todas as noites, Branca colleu o calendario que tiña enriba da mesa de noite e riscou cun rotulador vermello a data correspondente a aquel día. era unha operación que se repetía desde había algo máis dunha semana, desde a tarde en que escoitara as palabras coas que don Carlos, o médico que viñera recoñecela, lle resumira a situación a súa nai:
- Hepatite. As análises confirmaron o que eu xa sospeitaba. Ten as trasaminasas moi altas e iso quere dicir que se trata dunha hepatite vírica. Hai que empezar o tratamento desde hoxe mesmo:repouso absoluto, cando menos durante cinco ou seis semanas, e un réxime de comidas coma o que agora lle vou sinalar.
A Branca, que escoitara desde a cama a conversa que súa nai e o médico mantiñan no cuarto do lado, caéralle o mundo enriba. Fora o vinte e oito de abril, alí estaba ben sinalado no calendario. " Aínda que , en realidade, debería ter riscado tamén os cinco días anteriores", pensou. Porque xa os pasara na cama, crendo, tanto ela coma seus pais, que o que tiña era unha vulgar gripe de primavera, desas que se curan cun tempiño na cama e cunhas aspirinas.
Pero súa nai empezárase a estrañar de que a febre non baixase, da alarmante falta de apetito e, sobre todo, daquela cor amarelenta que empezaran a ter os ollos de Branca. Chamaran o médico e este, logo de examinala, mandara realizar as oportunas análieses. E os resultados, polo que se vía, non ofreceran lugar a dúbidas.
Branca empezara a ser consciente do que a agardaba cando súa nai, despois de que se foi o médico, sentou na cama, cabo dela, e lle explicou brevemente en que consistía a enfermidade e que tiña que facer para curala. Tratábase dunha inflamación do fígado, producida por un virus, e tiña unha curación lenta e esixente. Debía gardar repouso absoluto na cama durante dúas semanas e pasar logo outro tempo de convalecencia, no que xa se podería erguer algo pola casa, pero sen facer esforzo ningún, ata completar o mes e medio do que falara don Carlos. E seguir ademáis, un réxime de comidas moi severo, con pratos lixeiros dos que debían desaparecer totalmente as grasas. un réxime de cousas cocidas e de moitas verduras.
Despois, a propia Branca xa se encargara de consultar as dúas enciclopedias que había na casa e, sobre todo, un groso libro de medicina que seu pai lle trouxera da biblioteca. E así, nos primeros días, informouse de moitas cousas máis. Soubo das funcións do fígado, tan importantes, e nas que, aínda que xa as estudara en Ciencias Naturais no colexio, non reparara nunca. E soubo que, no fondo, aínda tivera sorte, porque a súa era unha hepatite vírica das do tipo A, que curan máis doado e teñen moitas menos complicacións ca outras.
Co calendario na man, Branca lembrou aqueles primeiros días na cama, cando se tivo que afacer a convivir coa enfermidade que a  había de acompañar durante tanto tempo. A primeira semana pasárao mal e mesmo se lle foram as ganas de facer nada: só quería durmir e durmir, era o único xeito de esquecer a súa situación. A idea de pasar case dous meses na cama ( Abril- maio, maio -xuño. Cando cure, xa case estará o curso acabado. ¿E que fago eu daquela?

¿Que pensades que pode facer agora Branca para non aburrirse? 

Aquí tedes unhas imáxes do noso escritor, Agustín Fernández Paz.





miércoles, 14 de septiembre de 2016

E TI, QUE PINTAS?



Este curso, como xa sabedes moitos, imos a coñecer a través do noso proxecto da biblioteca "E ti, que pintas?" un continente moi fermoso e moi querido por todos nós, xa que son moitos os compañeiros e compañeiras que naceron nel.
Temos a gran oportunidade de que nos podan contar moitas cousas de países cono Nigeria, Senegal ... así que temos que aproveitala.
Haberá, ao longo destes meses, moitas sorpresas relacionadas con África, e faremos todo o posible para que cando remate o curso este continente sexa un lugar do que nunca nos esqueceremos, e quen sabe, ao mellor algún día poderedes visitar.
Para ir empezando esta interesante andaina, aquí tedes un video que montamos para todos vós.A música é de Cesarea Évora, unha cantante de Cabo Verde.
Disfrutádeo!!!



martes, 13 de septiembre de 2016

BENVIDA

Benvidos e benvidas neste novo inicio de curso!!!

Un ano máis compartiremos desde os nosos blogues da biblioteca "Rakonto" e "Rakonto Pequeno" historias, anécdotas, contos, imaxes, curiosidades e moito, moito máis.
Para os que chegades novos ao colexio, a nosa especial benvida ao lugar máis máxico...

a Biblioteca.










Todos os recreos vos esperamos para que veñades a coller un libro en prestamo, ou vos sentedes a ler e se tedes que buscar información para un traballo este é o mellor lugar.

Ademais de ver o blog coas vosas titoras e titores na aula, tamén podedes acceder a él desde a páxina web do colexio: poñer en Google CEIP. Raquel Camacho.
Aquí tedes unha imaxe para saber onde tedes que buscalo.


Nese circulo vermello premedes co ratón e xa entrades no blog da biblioteca.

Seguiredes recibindo noticias.

Unha aperta grande do Equipo da Biblioteca.

Resultado de imagen de abrazos a libros