NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

mércores, 19 de outubro de 2016

E TI, QUE PINTAS?

Seguro que queredes saber algo máis das máscaras africanas. Hoxe imos a coñecer ao artistas que as crean e o significado que teñen.


Artistas

Un artista de máscaras é unha persoa respetada e admirada na tribo. Un aspirante a artista pode aprender as técnicas de tallado en madeira do seu pai, ou pode ser aprendiz dun mestre tallador. Levaralle anos aprender non só as técnicas, senón todo o significado relixioso das diferentes características e materiais. As máscaras que el fai son importantes para a tribo, non como simples baratixas ou decoracións, senón como obxectos espirituais de reverencia.





Significado profundo


Cando un bailarín ponse unha máscara africana, non está a actuar. A máscara é vista como a conexión ao mundo espiritual, e os deuses, espíritos e devanceiros están convidados a posuír o corpo do bailarín. Así, o bailarín é considerado coma se fose realmente un deus, espírito ou devanceiro. Esta experiencia cerimonial é transformadora non só para o bailarín senón para a súa tribo.

É importante que entendades, que as máscaras africanas, asi como os abalorios que levan na súa vestimenta teñen un significado importante para cada tribo. Non é só unha cuestión estética e moito menos pensedes que é como cando nos disfrazamos no entroido. 
Para eles é unha expresión artística con un significado moi profundo e importante.






Aquí tedes un documental sobre máscaras moi interesante.




Ningún comentario:

Publicar un comentario