NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

xoves, 3 de novembro de 2016

AS NOSAS LETRAS

O texto deste venes pertence ao conto "O Castañeiro de Abril" do escritor Antonio Manuel Fraga.

Aquí tedes o libro:



E aquí ao autor, Antonio Manuel Fraga (se premedes no seu nome podedes entrar na súa ficha de autor para coñecelo mellor)


Buto, tes cara de bruto! E así todos os días. Demo de rapaces! Cando os pícaros do barrio se aburren de darlle couces ao balón, de faceren bailar as buxainas, ou de calquera outra das parvadas coas que perden o tempo, achéganse á portiña do meu obradoiro como moscas ao azucre para berrar este retrouso: " Buto, tes cara de bruto!"
Mais non é xusto acusar a ninguén de maleducado e despois selo eu, así que, en primeiro lugar, permitídeme que me presente. O meu nome (como xa imaxinaredes) é Buto. Son zapateiro, aínda que non dos que venden zapatos, senón dos que os reparan. Déixoos como novos! polo que se podería dicir que son un "ciruxián do calzado".
O meu pequeno obradoiro está agochado nunha rúa fría e húmida. Eu sonvos xa vello de máis para pasar o día enteiro metido nese rocho, mais comer hai que comer, e nunca souben facer outra cousa.
Para que teñades unha idea do meu aspecto, tentarei describirme con sinceridade: son pequeno, chepudo e esmirrado; teño unha perna máis curta ca outra, polo que calzo no pé dereito un zapato especial cunha sola moi grosa. Que máis? Na cachola só me quedan uns cantos guechos brancos enriba das tempas, e apoio no meu nariz curvo e longo unhas lentes redondas que me resultan imprencidíbeis para traballar. Boca pequena, labios finos, sen pescozo ... e coido que con isto abonda para que poidades imaxinar o bo mozo que son.
Son o derradeiro "ciruxan do calzado" que queda no barrio, polo que, malia ser decididamente un túzaro cos clientes, estes aínda acoden ao meu obradoiro nun número suficiente para permitirme vivir. E por que son un túzaro? preguntarédesvos. Pois porque os clientes son, as máis das vecesm un auténtico encordio. Moitos entran no meu obradoiro falando a berros, sempre ás presas e decote empregando malos modos. Todos (case sen excepción) pensan que o seu problema é o máis imortante do mundo, e consideran que é a miña obriga abandonar o que estea a facer para  atendelos con reverencias, coma se fosen o mesmísimo maraxá de Kapunthala.

Ningún comentario:

Publicar un comentario