jueves, 23 de febrero de 2017

FELIZ ENTROIDO

   DESDE O BLOG DA BIBLOTECA 
          QUEREMOS DESEXARVOS:                          


                          FELIZ ENTROIDO. 

FELIZ CARNAVAL

                             HAPPY CARNIVAL. 

HAPPY KARNAVAL.

                   HAPPY КАРНАВАЛ






miércoles, 22 de febrero de 2017

ROSALÍA DE CASTRO. CAMPANAS DE BASTAVALES.

Este fermoso poema de Rosalía de Castro titúlase "Campanas de Bastavales". Estas campás pertencen á Igrexa de San Xoán de Bastavales no municipio de Brión (A Coruña). 










 O POEMA
05/08/10
Campanas de Bastabales

   Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.

I
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.

   Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades,
e das entrañas me doio.

   Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira
i hoxe teño media vida.

   Sólo media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.

   Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.

   Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.

II
Aló pola mañanciña
subo enriba dos outeiros
lixeiriña, lixeiriña.

   Como unha craba lixeira,
para oír das campaniñas
a batalada pirmeira.

   A pirmeira da alborada,
que me traen os airiños
por me ver máis consolada.

   Por me ver menos chorosa,
nas súas alas ma traen
rebuldeira e queixumbrosa.

   Queixumbrosa e retembrando
por antre a verde espesura,
por antre o verde arborado.

   E pola verde pradeira,
por riba da veiga llana,
rebuldeira e rebuldeira.

III
   Paseniño, paseniño,
vou pola tarde calada
de Bastabales camiño.

   Camiño do meu contento;
i en tanto o sol non se esconde,
nunha pedriña me sento.

   E sentada estóu mirando
cómo a lúa vai saindo,
cómo o sol se vai deitando.

   Cál se deita, cál se esconde
mentras tanto corre a lúa
sin saberse para dónde.

   Para dónde vai tan soia,
sin que aos tristes que a miramos
nin nos fale, nin nos oia.

   Que si oíra e nos falara,
moitas cousas lle dixera,
moitas cousas lle contara.

IV
   Cada estrela, o seu diamante;
cada nube, branca pruma;
triste a lúa marcha diante.

   Diante marcha crarexando
veigas, prados, montes, ríos,
donde o día vai faltando.

   Falta o día, e noite escura
baixa, baixa, pouco a pouco,
por montañas de verdura.

   De verdura e de follaxe,
salpicada de fontiñas
baixo a sombra do ramaxe.

   Do ramaxe donde cantan
paxariños piadores
que ca aurora se levantan.

   Que ca noite se adormecen
para que canten os grilos
que cas sombras aparecen.

V
   Corre o vento, o río pasa.
Corren nubes, nubes corren
camiño da miña casa.

   Miña casa, meu abrigo;
vanse todos, eu me quedo
sin compaña nin amigo.

   Eu me quedo contemprando
as laradas das casiñas
por quen vivo suspirando.

   Ven a noite..., morre o día,
as campanas tocan lonxe
o tocar da Ave María.

   Elas tocan pra que rece;
eu non rezo, que os saluocos
afogándome parece
que por min tén que rezar.
Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.



Con parte deste poema fixo, o cantautor Amancio Prada, esta fermosa canción.





martes, 21 de febrero de 2017

SABEDES QUE...

O 24 DE FEBREIRO CELÉBRASE O DÍA DE ROSALÍA?

Rosalía de Castro é unha das nosas escritoras máis universais. Foi unha gran poeta, e como xa víchedes, moitos dos seus poemas foron levados ao eido da música.

Naceu o 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela. Xa de moza pasou un tempo en Madrid onde empezou a publicar as súas primeiras obras e coñeceu ao que logo sería o seu marido, outro importante intelectual galego, Manuel Murguía.
Foi unha gran defensora da muller. Na súa novela " La hija del mar" podemos atopar esta cita no seu prólogo : "Porque aínda non se lle permite ás mulleres escribir o que sinten e o que saben".

Nos seus poemas toca temas moi variados: a paisaxe galega, a choiva, o amor desafortunado, a morte,  o paso do tempo, a xustiza ...

Aquí vos deixamos un documental sobre a súa vida e obra de moito interés, para que coñezades a esta importante escritora galega.




lunes, 20 de febrero de 2017

GRAZAS. A PALABRA DA BIBLIOTECA.

ESTE BLOG TIÑA UNHA DÉBEDA CON ALEX. COLGAR O SEU VÍDEO COA PALABRA GRAZAS. AQUÍ O TEDES. 









GRAZAS ALEX.

jueves, 16 de febrero de 2017

AS NOSAS LETRAS E OUTRAS NOVAS

O día 24 de febreiro celebramos o día da nosa poeta Rosalía de Castro. Hoxe imos a escoitar, cantado por Amancio Prada, un dos seus poemas máis coñecidos "Adios Ríos, Adiós Fontes"




miércoles, 15 de febrero de 2017

martes, 14 de febrero de 2017

SABEDES QUE ...

un dos Antroidos máis atractivos de África é o de Guinea - Bissau?

Un dos seus proverbios  di: " A vida son dous días e o antroido son tres".
Pódese saber cando empeza porque desde o océano entran na cidade sons vibrantes, acompañados de tambores e apitos (flautines de metal) misturados con berros de alegría. É a comparsa das Illas Bijagós, chegan en piraguas.
Uns días antes de comenzar a festa, as tabancos ( así se chaman as aldeas na lingua criolla da rexión) chegan á capital desde os lugares máis remotos do país.
Durante días organizan e ensaian a cirimonia que van a representar durante o desfile.
O máis fermoso dos seus disfraces son as máscaras. Están feitas con arcilla seca, papel de sacos de cemento e goma da froita da cabaza, logo as pintas con moitas cores.
Un dos protagonistas de cada tabanca ou aldea é o chamado "Gigantón", que recrea figuras míticas de contos locais ou animais da selva.

Aquí tedes dous vídeos, deste orixinal antroido.



lunes, 13 de febrero de 2017

RECOMENDAMOS

Hoxe na nosa sección do "Recomendamos", queremos que vexades as múltiples posturas nas que podemos ler un libro na cama ou no sillón.

E vós, como ledes?







jueves, 9 de febrero de 2017

AS NOSAS LETRAS E OUTRAS NOVAS.



UN PIRATA INFORMÁTICO SABOTA A REDE DE ORDENADORES DA GUERRA DAS GALAXIAS.

A rede de miles de ordenadores que une o Pentágono cos laboratorios que traballan no programa da guerra das galaxias e as principais universidades dos EE.UU, foi sabotada por un descoñecido pirata electrónico.
O sucedido pon de relevo a vulnerabilidade do sistema informático deste país, que sufriu o que se considera o "maior ataque da historia". "O grande tema é que un programa de software relativamente benigno foi capaz de pór de xeonllos a comunidade electrónica", explicou onte un experto dos laboratorios Livermore, en California, onde se investiga o Sistema de Defensa Espacial (SDE). Só en Livermore houbo que deter 8OO ordenadores ata conseguir curalos do virus.
Parece que o culpable foi un estudante de informática que tentaba introducir un virus inofensivo nunha rede de ordenadores chamada Arpanet, que é utilizada para intercambiar información e mensaxes comúns nos centros militares, universidades, laboratorios de investigación e mesmo empresas privadas. O problema estendeuse tamén a algúns ordenadores de institucións financeiras europeas e a laboratorios de investigación en Australia.
Unha voz anónima que dixo falar no nome do sabotador, chamou a The New York Times para explicar que o experimento se lle foi das mans por un pequeno problema de programación que fixo que o virus -que se comporta de maneira similar aos biolóxicos- se multiplicase a través da rede informática centos de veces máis rapidamente do previsto. O bichiño atacou as máquinas que utilizan o sistema operativo Unix embotellando os seus almacéns electrónicos e obrigando a pechar os ordenadores por falta de memoria.
Aínda que a maioría dos afectados xa foran curados onte, o virus continua durmindo nas contas electrónicas de centos de outros ordenadores.
Unha empresa de California que fora atacada distribuíu ás vítimas da sabotaxe un programa especial cun antídoto para acabar co virus. "Isto está causando moitas dores de cabeza e enormes perdas de diñeiro", dixo un experto da Universidade de Harvard.
O autor, segundo o comunicante anónimo, está abraiado polas consecuencias do seu experimento. O Pentágono estableceu o xoves un centro de emerxencia para resolver o problema e reforzar as partes máis débiles da rede electrónica que permitiron a entrada do virus.
A epidemia desatouse na noite do mércores (madrugada do xoves en Galicia) nos laboratorios Livermore, en Berkeley. De alí pasou á universidade de Stanford e á NASA. Despois saltou á Costa Leste, aos ordenadores do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts e ás universidades de Harvard, Princeton e Columbia. O Mando Aéreo Estratéxico e a supersecreta Axencia Nacional de Seguridade (NSA), dedicada á espionaxe electrónica, forman parte tamén da rede infectada.

Por sorte, o virus non estaba ideado para borrar o material almacenado e só atrasou o traballo dos ordenadores ou pechou moitos deles por conxestión. 

E, despois de ler este artigo que, ainda que inventado, poderia ser certo.. Pensades que é bo ter tanta dependencia da tecnoloxia?

miércoles, 8 de febrero de 2017

E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA

A nosa artista de hoxe é Aída Muluneh (1974)




É unha fotógrafa etíope e artista contemporánea. Gústalle a fotografía manual/analóxica, que como veredes enche de cores.











A QUE SON XENIALES!!!