jueves, 15 de junio de 2017

ATA SETEMBRO

Moitas grazas a tod@s os que día a día nos acompañastes neste Rakonto. O vindeiro curso seguiremos a traves do mellor que temos as persoas, a palabra.

Gozade das vacacións e non esquezades o pracer da lectura.

BICO GRANDE.


CLUB LECTOR TUSITALAS

Prezad@s Tusitalas:

Hoxe foi a nosa despedida do Club Lector e como non podía ser doutro xeito estivemos ....


NA MARBILLOSA LIBRARÍA LUME, NA QUE SEMPRE NOS ACOLLEN CON CARIÑO E PALABRAS FERMOSAS.












CON BEGOÑA QUE FOI A NOSA MAGA DA PALABRA



... despois coñecimos a sorprendente vida e obra da escritora galega Emilía Pardo Bazán...










E, como non, tivemos o sempre encantador postureo da nosa Feith. Nada máis e nada menos que diante dun vestido de dona Emilia Pardo Bazán...




... con Marta, diante de RAG. Coa que tiven o privilexio de compartir estes tres últimos anos a saída final cos Tusitalas e que para nós é a Tusitala de Honra e sempre o será. Grazas Marta, sempre.





MOITAS GRAZAS TUSITALAS. FOI UNHA HONRA E UN PRACER COMPARTIR CON VOS CADA VENRES A LECTURA DOS LIBROS. FALAR DE CINE, COÑECER A HUGO CABRET, SABER QUE PODEMOS TER MOITOS CORAZÓNS E QUE O MÁIS IMPORTANTE TESOURO SOMOS CADA UN DE NÓS FORMANDO UNHA ILLA DE PALABRAS.
ATA SEMPRE!!! BICO GRANDE!!!








CARTA DE HERCULINO






Ola a tod@sssss:

Xa queda só unha semana para que cheguen as vacacións e quero despedirme de vós ata o vindeiro curso.
Eu tamén vou  facer unha viaxe, teño ganas de ver aos meus amigos do bosque do Freixo Branco. Pasaremos as tardes comendo froitos do bosque e lendo os nosos libros preferidos. Pola noite contaremos historias á luz da lúa e contaremos chistessss de gnomos que, aínda que sempre son os mesmos, non deixamos de rir como se fose a primeira vez que os contamos.

Foi un pracer pasar este curso con vós. En setembro teredes noticias miñas outra vez e pasaremos o curso xuntos.

Moitas grazas polos poemas, pola axuda cando non sabía como resolver algún problema.
Espero que leades moito durante as vacacións, seguro que si, por iso sodes tan sabios.


GRANDES BICOS GNOMICOSSSSS. SSSSEMPRE CO NARIZ.

miércoles, 14 de junio de 2017

SEMANA CURTAMETRAXE IV

UNSUNG HERO (HEROE ANÓNIMO)


E VÓS QUE PREFERIDES SER HEROES ANÓNIMOS OU SAIR NAS REDES SOCIAIS DURANTE UNS MINUTOS?

domingo, 11 de junio de 2017

SEMANA DE CURTAS.

Xa queda moi pouco para rematar o curso e este blog tamén terá vacacións. Como despedida esta semana imos dedicala ás curtametraxes e o venres, temos noticias, de que vai mandar unha carta Herculino que tamén colle vaccións para facer unha viaxe.

A primeira curtametraxe de animación titúlase "Zero".



jueves, 8 de junio de 2017

AS NOSAS LETRAS E OUTRAS NOVAS.

Tiven a honra de participar co meu cuarto nesta fermosa idea do grupo A sega. Aquí tedes o meu recuncho onde escribo as miñas historias e o meu relato.





Por Beatriz Maceda Abeleira


Son filla única e nai de fillo único. Como filla sempre gocei dun cuarto para min soa, como nai, deixaron de existir os espazos privados durante anos. A noite, e non sempre, converteuse nese cuarto silencioso no que en ocasións as palabras agromaban con xenerosidade.
Cando era pequena e viñan amigas a casa o primeiro que dicían era que apenas había xoguetes e a súa cara de decepción, co tempo, deixou de molestarme. Para xogar prefería a rúa, no meu cuarto os libros eran o máis valioso que tiña e co que máis gozaba.
Sempre me custou compartir espazos e segue sendo así. Só o meu fillo conseguiu que fose xenerosa nese punto durante uns anos.
Agora vivo exiliada na cidade, nun ático, cun recuncho no dormitorio co mar en fronte. Ese mar herculino que é o que me dá un espazo infindo, que algún día tamén terei que abandonar.
Escribindo acado rodearme dunha esfera case infranqueabel na que loito cos meus personaxes, que saen e entran dela con desvergoña. Máis en ocasións, alguén, cos seus poderes afectivos, logra traspasala. Porque sempre hai un personaxe principal, real, ao que é imposible non deixar pasar.


Por onde ía eu?

miércoles, 7 de junio de 2017

E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA


África é un continente que destaca polos vos ilustrador@s. Aquí tedes tres exemplos:


MÓNICA OBAGA DE KENIA





ADESOLA LASISI DE NIXERIA







MICHAEL SOI DE KENIA


SABEDES QUE...

O 5 DE XUÑO É O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE?


NON ESQUEZADES QUE SEN ÁRBORES NON PODEMOS VIVIR.






lunes, 5 de junio de 2017

RECOMENDAMOS.

Hoxe a escena de libros é da película Matilda, que como xa sabedes esta basada nunha novela do noso prezado escritor Roald Dahl.


domingo, 4 de junio de 2017

NORABOA POLO PREMIO PROXECTO SEMENTE A 4ºA E 4ºB


Noraboa por ese traballo en equipo, ás nenas e nenos de 4º A e B, ás familias  participantes e ás titoras.
Fixechedes o mellor que sabemos facer as persoas, traballar en equipo con ilusión e esforzo. Con este traballo abríchedes outro camiño de luz na nosa comunidade educativa.


Desde a biblioteca queremos darvos as grazas e dicirvos que estamos moi orgullos@s de tod@s vós. 

PRIMEIRO PREMIO AO CEIP. RAQUEL CAMACHO.






























viernes, 2 de junio de 2017

AS NOSAS LETRAS E OUTRAS NOVAS.

HOXE O CUARTO É O DA ESCRITORA ELI RÍOS










Por Eli Ríos




Soñar un cuarto. Un cuarto propio en 2017. Soñar. A imposibilidade nunha casa habitada por seres miúdos. Aínda así, renego unha e outra vez dos espazos comúns. Soñar, outra volta. Desta vez, co silencio. Lonxe das saliñas. Afastada dos tránsitos. Róubolle un metro cadrado ao espazo do sono. Ese que tampouco é de meu. Ese no que se abeiran os pesadelos infantís ou os mocos estacionais. Aínda así, soño. De momento, é de balde. Algún día, este metro cadradro contará coa banda sonora do silencio. Mentres tanto… a gata mía un agarimo e as crianzas sorrín. Agradecer non é incompatíbel co cuarto en silencio. Hoxe, agora mesmo, partillo tempos e espazos. Tamén soños. Soñar é necesario. Mentres tanto...

NA NOSA BIBLIOTECA PODEDES ATOPAR UN DOS SEUS LIBROS "MARTA E A PÍNTEGA"