NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

luns, 30 de outubro de 2017

TACHAN TACHAN

O fallo do xurado do concurso de relatos "DAME MEDO" , composto por mestras, mestres e Herculino, decidiu por unanimidade conceder os seguintes premios:

Imagen relacionada


* A aula de 1ºB polo relato "A Meiga Encantada". Destaca a boa presentación, as fermosas ilustracións e o sentido de humor da historia.

Resultado de imagen de meigas gallegas


* A Diego Torren Martín de 2º A, polo relato " O Boli Pinchón", pola orixinalidade da historia e ser quen de contar un conto de Samaín sen cabazas e bruxas.

Resultado de imagen de boligrafo de  halloween



* A Sandra Priggione Fernández de 4ºB, polo relato " A outra historia do Samáin" pola  orixinalidade do plantexamento e pola incorporación doutros libros relacionados coa temática do medo.

Resultado de imagen de samain



* A Brenda Nosa Enabulele de 5ºA, polo relato "A máscara encantada". Destaca neste relato a capacidade para alonxarse da temática típica do Samaín e relacionar esta festividade coas máscaras africanas, así como pola orixinal estructura do relato.

Resultado de imagen de mascara africana de halloween




* A Nerea Busto Pan de 6ºA, polo relato "A Cabaza Ernesta". Destaca neste relato a capacidade para conxugar a temática do Samaín cunha intencionalidade didáctica por parte da autora.


Resultado de imagen de calabazas de samain simpáticas


* A aula de 4ºA EI, polo seu relato "A Bruxa e os Parrulos", no que destacan as virtudes do chocolate nestas datas tan meigas.


Resultado de imagen de bruxa  de samaín


*A aula de 4ºB EI, polo seu relato "Un Parrulo Malísimo", agradecemos a lembranza máxica que se fai dos esqueletos neste relato.    
Resultado de imagen de un pato con cara de malo



* A aula de 5ºA EI, polo relato "A Bruxa e o Vampiro", destaca neste relato unha fermosa ilustración que nos describe con exactitude a historia que imos ler e o final feliz.

Resultado de imagen de vampiro


*A aula de 5ºB EI  polo relato " O Conxuro Máxico" e por lembrarnos a dous personaxes tan importantes nestas datas com Drácula e a Bruxa Piruxa.

Resultado de imagen de conxuro de samaín

  
* A aula de 6ºA EI polo relato "Samaín na aula" que destaca pola súa orixinalidade na narración da historia, a combinación de texto e narración ao mesmo tempo que o relato terrorífico na aula.
   
Resultado de imagen de samaín na aula



*A aula de 6ºB EI polo relato " A Cabaza Terrorífica". Destaca o gran protagonismo dun personaxe fundamental no Samaín como é a cabaza, e o ritmo trepidante da historia. Así como o traballo d@s ilustrador@s.

Resultado de imagen de calabaza terrorífica


MOTÍSIMAS GRAZAS A TOD@ POLOS VOSOS RELATOS, SODES TERRORÍFIC@S.


PD: Os premios seran entregados na Festa do Magosto.

DISEÑO DESTA ENTRADA FEITO POR HERCULINO, QUE TIÑA UN DÍA TERRORÍFICO COMA VÓS.

GRRRRRRRRRRRR!!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario