NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

martes, 17 de abril de 2018

QUEDAN 5 DÍAS PARA...



Esta historia comeza nos tempos da ditadura franquista, cando había case máis actividades prohibidas que permitidas: prohibidos os partidos políticos, sindicatos, asociacións de veciños, asociacións culturais...
O feito de se xuntaren tres persoas nunha cafetaría podía ser considerado "reunión ilegal". Nas reunións para as que se solicitaba permiso, como recitais de música ou de poesía, ou sesións de cine-club, había uns policías de paisano que podían suspendelas. Así ocorreu coas primeiras Xornadas do Ensino Galego, organizadas en 1976—e iso que xa morrera Franco—Aínda que en teoría a liberdade de opinión ou de asociación fosen recoñecidas, en realidade eran dereitos de mentira, escritos en "papel mollado". Unha das acticidades prohibidas era ensinar a lingua galega e, por descontado, ensinar en galego.
Publicar libros en galego, escribir en galego, eran actos de resistencia e os primeiros en intentalo tomaron o nome do célebre pirata galego da Moureira Benito Soto. A edición de libros en galego debía, pois, esquivar a censura que limitaba calquera manifestación artística, cultural, de prensa ou de opinión. Algúns libros, como Sempre en Galiza, de Castelao, tiveron que ser editados en Bos Aires polos exiliados galegos. Unha das primeiras edicións de Sempre en Galiza, publicada en 1944 polo Centro Ourensan de Bos Aires, era de pequeno tamaño, para poderen levalo agochado no peto dun abrigo.

María Victora Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito. Fina Casalderrey/ Marilar Alexandre. Edt. Xerais.

Como vedes, durante a longa historia dos libros, tamén estos foron prohibidos. 
Como vos sona  a mistura destas dúas palabras? 

                           LIBROS PROHIBIDOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario