Hoxe a recomendación é da Booktuber, Carla, de 3ºA!
Moitas grazas, Carla!
Blog da biblioteca do Colexio Raquel Camacho (A Coruña)
Como os libros e ler é das nosas actividades favoritas e, a nosa Comunidade de Booktubers é tan numerosa, seguimos recomendando lecturas.
Treasure, de 3ºA, recomenda...
Na Semana do Libro, da nosa biblioteca, tivemos con nós á escritora María Canosa. Ela, como o nome do noso proxecto, xa forma parte do noso universo, sendo unha autora moi querida por todas nós.
Gozamos coa lectura do seu libro, A cazadora de estrelas, e con a súa protagonista, Megumi, que coas seas frechas é que de trazar no creo o debuxo dun arco até cravarse xusto no medio das estrelas.
Aqui vos deixamos un vídeo da súa visita.
Moitas grazas, María!!!
Hoxe, por ser venres, deixamos varias recomendacións de booktubers, mais como foron tantas as que recibimos na biblioteca, a vindeira semana, continuará!
Os booktubers de 5ºB, Reinier, Babacar e Kevin, recomendan dous libros dunha colección de misterio e investigación.
Moitas grazas aos tres!!!
O booktuber, Eros, de 2ºC, recomenda un libro moi querido para todas nós e que tivemos a oportunidade de gozar da presenza da súa autora na biblioteca. E, se queredes caer de cu polo universo, xa sabedes, na biblioteca tedes o libro.
Moitas grazas, Eros!!!
Seguimos con moi boas recomendacións lectoras. Sofía de 3ºB, recomenda unha lectura moi divertida, na que o protagonista é un zorro que... e aqui o deixamos, se queredes saber máis, na biblioteca temos un para vós.
Moitas grazas, Sofía!!!
Moitas grazas, compañeiras!!!
O mércores 23 de abril é o Día do Libro, aínda que para nós, que gozamos da lectura, o celebramos todos os días lendo historias que nos gustan.
Hai moitas cousas que podemos compartir, un bocadillo, unha bolsa de golosinas... mais tamén podemos compartir as lecturas das que gozamos, recomendando libros as nosas compañeiras e compañeiras.
A Comunidade de Booktubers, púxose man á obra, e gravaron todas estas recomendacións. Esperamos que as gocedes durante toda a semana!
O primeiro vídeo é, Pioneiras, da escritora Anaír Rodríguez, con ilustraciones de Nuria Díaz. Neste libro, podedes ler a historia de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero.
As nosas compañeiras de 3º, elixiron á que é considerada a primeira escritora da Península Ibérica, Exeria. Moi boa escolla! Moitas grazas, booktubers de 3º!
Moitas grazas a todas e todos!!!
Como podedes comprobar, o universo da nosa biblioteca é moi fermoso e diverso!
Felices vacaciones!!!
Aqui vos deixamos un vídeo moi interesante sobre a historia das constelacións. Comprobaredes a súa relación co voso signo do zodíaco, e coa historia das civilizacións máis antigas.